DEPOR IN BRIEFF


Esta grada de deportivistas foi retida no “Anxo Carro”.
-Candidaturas, horarios, homenaxes as femininas, afeccion…-
Tanto Fernando Vidal coma Jesús Martínez Loira presentaron no día de hoxe os seus programas na carreira pola presidencia do RC Deportivo da Coruña. No caso de Vidal, do que era hoxe a posta de longo nesta carreira, presentou o equipo co que contará nesta loita polo “sillón”. por outra banda LaLiga anunciou que a 41ª xornada de liga xogarase en grande medida o 2 de Xuño no horario unificado para 8 dos 11 encontros, nos nos que agora mesmo se xoga algo. Un impedimento para as afeccións, en especial a nosa, para poder desprazarse para os que traballan luns. Xa non teñen vergonza dende a “mafia” que dirixe o cotarro cando puxo o Depor-Mallorca, tan importante para ambos o vindeiro luns ás 21:00 horas, (19:00 GMT). Por outra banda as rapazas do Deportivo Femino e do segundo equipo de féminas, quye acadaron sendos ascensos, será recibidas polos sponsors, ABANCA, Estrella Galicia e polo Concello de Coruña. O turno para o deportivismo de darlle unha homenaxe será nos prolegómenos do Depor-Mallorca. Tamén deixar constancia do noso malestar por deixar a centos de deportivistas pechados o acabar o encontro no “Ánxo Carro” por parte dos de seguridade, non así na cidade de Lugo na que os 3 días nos que houbo deportivistas o trato foi excelente. Preme en abrir a nova completa para ver as novas extendidas.
(Se non vai o enlace cópiao e póñeo na tua barra de direccións)
Ás 19:00 h. na súa Oficina Principal de Rúa Nova, ABANCA recibirá ás xogadoras, técnicos e directivos dos dous equipos aos que dá nome, o Dépor ABANCA A, equipo de Liga Iberdrola para a próxima campaña e o Dépor ABANCA B, que hai dez días ascendeu a Segunda Nacional. Ás 20:30 a cita do primeiro equipo é na Cervecería de Estrella Galicia en Catro Camiños, onde serán recibidos por representantes de Estrella Galicia, que a través da súa división de augas, e concretamente da marca Cabreiroá, tamén apoia ao equipo branquiazul. A recepción institucional terá lugar o mércores. Ás 14:00 horas, os dous equipos do Deportivo ABANCA serán recibidos polo alcalde e a corporación municipal no Palacio de María Pita.
A homenaxe do Deportivismo será o vindeiro luns no Estadio ABANCA-RIAZOR nos prolegómenos do Dépor-Mallorca.
-Mal trato por parte da seguridade no “Anxo Carro”-
Deixar aquí o noso descontento e o de centos de deportivistas aos que nos deixaron pechados no Estadio “Anxo Carro” tralo final do encontro, sen explicación cando xa se vaciase o estadio o completo. Nin a disculpa de que estiveran nesa brada os máis “radicais”, pois estaba noutra. A propia policia decíanos, que non eracousa deles, senón dos “seguratas”. Polo resto o trato na cidade de Lugo foi de luxo, tanto para os que se desprazaron xa o venres aproveitando o día festivo, coma para os que nos desprazamos sábado e Domingo. De “10” en toda a cidade.
+++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es–
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-