DEPOR IN BRIEFF : “EDU EXPÓSITO “XOGADOR ESTRELLA” E 2 ENCONTROS DE SANCIÓN, (NOVAS BREVES)

Dous encontros de sanción para Edu Expósito.
Edu Expósito “xogador estrella” e 2 encontros de sanción
-Escolma de novas breves-

O crecemento que está a amosar Edu Expósito non pasa desapercibido para ninguén. Tanto é así que a cantinela que máis se oe nas gradas de Riazor e nos debates dos bares é que : “a este para o ano lévannolo”. Madurou e moito e recibe o premio ao “Xogador Estrella” por segunda vez no que vai de tempada. Socios, afeccionados e xornalistas elixírono coma o mellor xogador do pasado mes. Hoxe mesmo recibía a nova de que lle caían 2 encontros de sanción pola entrada que facía no encontro do pasado Domingo ante o UD Las Palmas polo que se perderá o encontro ante o UD Almería e o seguinte ante o Real Oviedo, pois segundo a LFP o encontro desta semana que se tiña que xogar co Reus Deportivo e que se lle da por gañado ao equipo deportivista por 1-0, non conta para as expulsións. O que sí conta é que este ano os comités e os colexiados estanse a cebar e de que maneira co Depor a hora dos cartóns vermellos e das sancións que conlevan, e non imos a numeralas porque foron moitas, sendo o equipo que menos faltas fai da categoría e un dos que máis recibe. No encontro do pasado luns antre o Málaga e o Osasuna, houbo entradas como a de Edu Expósito que non recibiron nen cartón. Un encontro que na primeira metade repateuse máis leña que nun asador arxentino.

ROLDA DE PRENSA DE : EDU EXPÓSITO

(Por : rcdeportivo.com)
 

Edu Expósito declarou aos medios de comunicación, após recibir o trofeo ao Xogador Estrella Galicia do mes de febreiro, que está “doído pola expulsión. Agora toca limpar un pouco a cabeza esta semana que non hai liga por ese parón do Reus. E logo pensar xa no partido da semana seguinte”, en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería (venres 22 de marzo, 21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

O centrocampista catalán recoñece que a xogada ante a UD Las Palmas que provoca a súa expulsión “é un erro meu. Vén dunha perda. Ao final instintivamente fago esta falta. Ao principio non pensei que era cartón vermello. Unha pena, pero é o que hai”.

Asegura que nestes días “centrarémonos ben para saber onde estamos a fallar, para facer unha boa análise”.

Preguntado pola distancia cos primeiros na clasificación de LaLiga 1|2|3, Edu recalca que “nos centramos en nós mesmos. Non temos que ver máis nada que non sexa o Deportivo. Dentro o noso grupo é fenomenal e empezar a tirar desde aí”.

Advirte que “queda un mundo. Ímonos a centrar en nós. O que temos que facer é cada un sumar como temos que sumar e nada máis”.

Iso si, recalca que “nos doe moito perder diante da nosa afección. Pero isto é fútbol e hai que levantarse canto antes”.

A receita do ’21’ deportivista para retomar a senda do triunfo é “cada un coller ao compañeiro, axudándose, apoiando ao que ten á beira. É o que temos que facer, tirar para adiante e seguir confiando como fixemos desde o principio. Agora hai que levantarse”.

Ve o vestiario amolado despois da derrota pero “esta semana que non imos competir vainos a vir ben para limpar a cabeza”.

Edu Expósito, un dos futbolistas máis queridos pola bancada, di aos deportivistas que “aínda quedan moitas xornadas; que sigan confiando neste grupo como o fixeron ao principio; e que non se baixe ningún do barco, que isto é moi longo”.

Non se sente presionado despois de afianzarse no once inicial na súa primeira temporada como profesional: “Aquí todos somos importantes. Non noto ningunha presión. Saio como todos saímos ao campo, todos xuntos”.

-NOVAS BREVES-
 
 
Parte médico de Matías Nahuel
 
Segundo nos informan dende o Deportivo : “O centrocampista arxentino do Real Club Deportivo Matías Nahuel Leiva sufriu durante o último partido disputado polo equipo, ante a UD Las Palmas o pasado domingo, unha picada con cadro de dor na musculatura aductora da coxa dereita.Após valoración por parte dos servizos médicos do Club, o xogador permanecerá en repouso deportivo, ata que a súa situación permita iniciar o programa de readaptación que deberá conducilo de volta ás actividades do equipo”. Agora cabe esperar que estas moléstias remitan e poida estar para o encontro do venres 22 ás 21:00 horas contra o UD Almería.
 
 
 
Horario Depor Vs Rayo Majadahonda
 
LaLiga fixo oficiais os horarios da 33ª xornada de LaLiga 1|2|3, na que o Deportivo recibirá a visita, por primeira vez na historia, do Rayo Majadahonda. O partido disputarase o sábado 6 de abril no Estadio ABANCA-RIAZOR ás 16:00 horas, emitido en directo por LaLiga 1|2|3 TV.
 
 
 
Prereserva de entradas para o Oviedo Vs Depor
 
A Federación de Peñas Deportivista comezou cos trámites da prereserva de entradas para o encontro do 31 de Marzal que enfrontará no Carlos Tartiere ao Real Oviedo e ao Depor, (18:00 horas-17:00 GMT). O prezo será de 21 euros e estase a orgañizar a viaxe que sería en torno a outros 20 euros.