DEPOR FICHAXES : O META, GERMÁN PARREÑO, SEGUNDO XOGADOR EN CHEGAR O CLUBE PARA A 2023/24.

 

O RC Deportivo tralo anuncio da incorporación onte do lateral dereito Paris Adot, procedente da Ponferradina, e hoxe a do adestrador Imanol Idiakez, acaba de informar da terceira fichaxe do equipo para a 2023/24, a segunda no que se refire a xogadores. Neste caso é a do meta Germán Parreño, gardameta ven coñecido do Director Deportivo, Fernando Soriano, Germán Parreño, que ven a ocupar a vacante de Edu Sousa e Pablo Brea, xa que acabaron contrato no día de onte, 20 de Xuño, e estaba tan só Ian Mackay nesta demarcación.

O noso desexo de sorte para Germán Parreño e que teña boa proa, como se di no argot mariñeiro, para desexarlle que chegue a bo porto co noso escudo e cas nosas cores.

Así o presenta o clube :

Germán Parreño Boix (Elxe, Alacante, 16 de febreiro de 1993) converteuse na segunda fichaxe do Dépor 2023-24.

O porteiro ilicitano, que asinou até xuño de 2025, chega procedente da UD Ibiza, equipo no que militou as 4 últimas temporadas, nas que foi partícipe do histórico ascenso do club balear a Segunda División. O xogador quedou en liberdade ao executar ante o seu anterior club a facultade resolutoria unilateral pactada expresamente no contrato subscrito.

Germán, canteirán do Elche CF (até os 14 anos) e do RCD Espanyol, chegou a estrearse en Primeira División coa camiseta ‘perica’ na temporada 2013-14, e na súa carreira acumula 46 partidos en Segunda División e 111 en Segunda B. Sen oportunidades no primeiro equipo branquiazul, Germán foi cedido ao Real Racing Club (en xaneiro de 2015) e Girona FC (2015-16), antes de regresar ao club da súa localidade natal (2016-17). Con estes 3 clubs xogou en Segunda División.

Na temporada 2017-18, Germán fichou polo UCAM Murcia CF (2017-19), co que ambas as temporadas quedou ás portas do playoff de ascenso a Segunda División. No verán de 2019, o gardameta alacantino fichou polo UD Ibiza. Na súa primeira campaña na illa caeu en primeira rolda do playoff de ascenso ante o UE Cornellà. Na segunda foi o porteiro titular (24 partidos e só 9 tantos encaixados) do primeiro ascenso da historia do conxunto ibicenco á categoría de prata nacional.

Na estrea en Segunda División do UD Ibiza, que coa 15ª praza logrou a permanencia, repetiu titularidade (32 encontros e 45 tantos encaixados) e no curso recentemente finalizado perdeuna a mans do ítalo-brasileiro Fuzato.

 

 

-Foto : Xosé Búa “Pirata”

-Texto : RC Deportivo/Xosé Búa “Pirata”