Segundo se fixo eco a prensa levantina e parte da galega, o dianteiro marroquí de 28 anos de idade e nado en Casablanca, Mohamed Bouldini asinará, (ou asinou), por 4 tempadas co Depor. Os problemas co tope salarial do Levante obríganlle a desfacerse de xogadores para descargar tope e poder inscribir ata 3 xogadores que ten fichados e que xa non puideron xogar nas duas primeiras xornadas de liga. Nesa marexada soubo moverse Fernando Soriano, segundo comentan, e faise cun xogador de nivel e que xa coñece a categoría, na que xogou co Alcorcón, cedido polo Santa Clara portugués, e no Levante.
No equipo madrileño fixo 7 goles en 17 encontros que xogou na segunda volta a que chegou dende Portugal. O Levante fichouno logo por 3 millóns de euros ata 2027, pero agora os problemas económicos obrigan aos levantinos a desfacerse dél e facer caixa. No Levnate fixo en dous anos 7 goles en 21 encontros. Os mesmos números nas duas tempadas.
Ata que se confirme é toda unha incógnita, xa que as veces no final de mercado o que se da por feito da unha reviravolta, e xa o sabemos ben con casos coma o de Catanha e Savio, por lembrar algún, que trocou de dirección no derradeiro día, e as veces na derradeira hora.
Cope Levante, Mundo Levante, Cadena Ser Levante, Las Provincias, Marca, Diario As, El Español, Plaza Deportivo, Riazr.org, ou La Voz de Galicia, xa dan por feita a operación e falando do mesmo que nós comentamos.
-Foto : UD Levante
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
