DEPOR FICHAXES : CHARLIE PATIÑO PODERÍA CHEGAR EN BREVE DENDE O ARSENAL, MENTRES QUE OBRADOR XA ADESTROU COS COMPAÑEIROS.

Charlie Patiño xa sabe o que é marcar co Arsenal.

 

Obrador entra na lista de convocados e parte médico de Simao

Arranxados os famosos “flecos”, Rafael Obrador xa é xogador do Depor ata final desta tempada, en calidade de cedido polo Real Madrid. De feito xa adestrou cos seus compañeiros en Abegondo e xa está na lista de convocados para Huesca, (21:30 horas-19:30 GMT), no Alcaraz na segunda xornada de liga. Obrador ven así a suavizar a “desgraza do lateral esquerdo”, que xa vivimos o ano pasado, pois o clube deu o parte médico de Iano Simao : “As probas médicas de Iano confirmaron unha lesión muscular na porción longa do bíceps femoral da súa perna esquerda. O lateral zurdo estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de iniciar a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo. E Escudero ainda ten para máis de mes e medio.

 

Charlie Patiño a piques de recalar dende o Arsenal

o centrocampista ofensivo de 1´82 de altura, Charlie Patiño, (Watford 17/10/2003), unha das perlas da canteira do Arsenal ingles, parece ser que será o seguinte en chegar a plantilla deportivista. Segundo apunta La Voz, chegaría traspasado por 3 anos e un máis opcional con condicionantes na maneira de pago. O “The Mirror” inglés fala dunha venta a prazos por 1 millón de libras, (1.173.86 euros).

 

Charlie de neno.

 

O xogador é de descendencia galega, neto dun coruñés  e dunha de Lema, (Cambre), que marcharon a traballar a Londres nos 60, e sempre ligado ao Depor, tanto cando visita a Coruña cos seus pais, coma en ir ver o Centro Galego de Londres a ver encontros do equipo branquiazul, tal e como lle apuntaba seu pai, Julio Patiño, a Rocío Candal nunha entrevista de fai tempo no Riazor.org, e tamén noutra en La Opinión de A Coruña.

Criado no Arsenal dende o neno pasou por tódalas suas categorías, así como polas da Selección Inglesa, ata Sub 21. Chegou a debutar e a marcar no Arsenal, pero nas derradeiras duas tempadas xogou no Blackpool e no Swansea, ambos da Segunda Inglesa. No 2020 o The Guardian incluiuno na lista “Netx Generation”, que recolle, segundo o xornal británico, aos mellores xogadores novos dos equipos da Premier.

Os rumores da sua chegada o Depor, que moitos xornais asina como “bombazo”, polos 9 millóns de euros nos que está valorado o rapáz, son grandes e todo apunta que a nova teña marchamos de verdade, e máis coa historia de deportivismo que ten na sangue coruñesa que o percorre.

 

-Foto neno : La Opinión de A Coruña

-Foto : Arsenal

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies