DEPOR-FICHAXE : UCHE AGBO, “O DESEXADO”, XA ADESTRA EN ABEGONDO.

 

Tal e como apuntábamos a pasada semana, e como confirmou onte o presidente deportivista Ferando Vidal, nunha entrevista no xornal “As”,  e ista tarde fao xa oficial o club, Uche Agbo xa é do RC Deportivo cun contrato ata 2024, e que non leva consigo ningunha claúsula en caso de que o equipo non acade o ascenso a 2ª División esta tempada. O seu desexo de seguir no clube branquaizul foi clave para que o Standard de Lieja o deixase vir. En principio fálase de que chega sen pagar nada a troco por él, pero sí podería haber cláusula en caso de venda ou por obxetivos, algo que non trascendeu.

O nixeriano que xa pasou as previas revisións médicas deportivas e do COVID-19, xa adestrou esta mañán co resto de compañeiros no seu treito final da reuperación da sua lesión de xeonllo, que parece esquecida, segundo nos contan dende Abegondo. Unha extraordinaria nova a desta fichaxe, un rapáz o que Fernando Vázquez lle soubo sacar a grande calidade que leva dentro, e que estamos seguros de que se non se houbese lesionado estaríamos na 2ª División co que estaba a aportar o equipo.

Uche Agbo foi unha vez internacional absoluto con Nixeria, nun amigable ante Togo en 2017. Tamén defendeu a camiseta do seu país en categorías inferiores, chegando a formar parte da selección que disputou o Mundial sub-20 de Turquía en 2013. O mediocentro nixeriano acumula unha ampla experiencia no fútbol español, onde suma 115 partidos: 44 en Primeira División, 9 en Segunda, 57 en Segunda B e 5 na Copa do Rei.

Lesionados e tocados

No parte de lesionados temos a Rui Costa, que segundo nos comentan dende o clube : “Estará con adestramento específico no ximnasio da Cidade Deportiva a consecuencia dunha lesión muscular no recto anterior da súa perna dereita. En función da súa evolución, o atacante deportivista pasará acto seguido a completar un plan de readaptación deportiva co readaptador do cadro, Fran Molano; como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”. Tamén adestraron aparte, Borja Galán e Claudio Beauveu, que seguen evlucionando positivamente das suas doenzas e xa poderían retornar esta mesma semana o grupo, en especial Borja.

-Texto e Foto : piratasdemuxia/RC Deportivo