DEPOR-FICHAXE : NACHO GONZÁLEZ EXTREMO ESQUERDO CHEGADO DA LIGA URUGUAIA.

 

Ainda que o clube non o confirmou xa podemos decir que Nacho Gonzále é novo xogador deportivista. O charrúa de 26 anos de idade que se desenvolve na media punta en especial como extremo esquerdo, (tamén pode xogar pola dereita), xa adestrou cos de Fernando Vázquez e chega, segundo a prensa uruguaia,, sen desenbolsar nada o clube deportivista e cunha clausula na que o seu clube de orixe o Plaza Colonia de Deportes se garda un 50% en caso dunha futura venda. Segundo World News, que xa avanzou o pasado Domingo, tal  como xa vos temos informado, parteu o luns cara a Coruña e ven cun contrato de 2 anos.

Falla a confirmación do RC Deportivo, que podería estar a esperar o transfer do xogador para anuncialo e por iso xa se exercitou sen ser anunciado.

 

Diego Rolán

Segundo a prensa francesa o Nimes está moi interesado na adqusición de Diego Rolán, o que apretaría aos clubes mexicanos con interés polo xogador charrúa do Depor.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia