DEPOR FICHAXE : CONFIRMADAS AS FICHAXES DO DIANTEIRO RUI COSTA E O EXTREMO ESQUERDO NACHO GONZÁLEZ.

 

Rui Pedro Silva Costa, “Rui Costa”, (Vila Nova de Famalicão, Portugal, 20 de febreiro de 1996) converteuse hoxe en novo xogador do Real Club Deportivo para as dúas próximas temporadas.

O dianteiro centro, que procede do FC Porto, militou a pasada temporada no Alcorcón, na que supuxo a primeira saída do seu país após xogar no equipo da súa cidade natal, o Famalicão, ademais do Varzim, Portimonense e o filial do club de O Dragão.

 

Nacho González

O clube non o confirmou que Juan Ignacio González Brazeiro, “Nacho González”,  (Paysandú, Uruguay, 5 de noviembre de 1993). O charrúa de 26 anos de idade que se desenvolve na media punta en especial como extremo esquerdo, (tamén pode xogar pola dereita), xa adestrou estes días con Fernando Vázquez e chega, segundo a prensa uruguaia, sen desenbolsar nada o clube deportivista e cunha claúsula na que o seu clube de orixe, o Plaza Colonia de Deporte, gárdase un 50% en caso dunha futura venda por parte do RC Deportivo. Segundo World News, que xa avanzou o pasado Domingo, tal  como xa vos temos informado, parteu o luns cara a Coruña e ven cun contrato de 2 anos. Tras chegar a Coruña pasou o pertinente control médico e as PCR.

Demorouse uns días a confirmación, que fixo hoxe o clube o esperar o transfer do xogador para anuncialo.

 

Diego Rolán, Vicente Gómez e Fede Cartabia

Segundo a prensa francesa o Nimes está moi interesado na adqusición de Diego Rolán, o que apretaría aos clubes mexicanos con interés polo xogador charrúa do Depor. Pola sua banda Vicente Gómez está preto de deixar o clube para xogar na liga India e Fede Cartabia anunciou nas suas redes sociais que volve cedido o Al-Ahli, no que xa estivo a pasada tempada.

-Foto e Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies