Adriá Altimira reforza o lateral dereito
O RC Deportivo ven de conformar o rumor do que vos falábamos onte, a incorporación de Adriá Altimira, (Cardedeu-Barcelona, 28/03/2001), lateral dereito que tamén pode xogar máis adiantado pola banda dereita. Xogador formodo nas categorías inferiores do FC Barcelona e que pasou por equipos como o NK Lokomotiva croata, UD Melilla e FC Andorra antes de chegar ao Villarreal en 2023. Estivo cedido no Leganés do ex ddeportivista Borja Jiménez na temporada 2024/25, con presenza relevante no equipo.
O Villarreal anunciaba na tarde de onte a rescindición do contrato con Altimira, polo que o xogador quedaba libre para fichar por outro club neste mercado invernal e o que con máis forza soaba era para o Depor. No “Submarino Amarillo” xogou tanto co primeiro equipo como co filial, ainda que tivo poucas oportunidades esta temporada.
En total, Altimira suma 34 partidos Primeira División, 63 na Segunda con 1 gol e 4 asistencias; 13 partidos en Copa do Rei con 1 gol e 1 asistencia; e 4 na Europa League co Vilarreal CF.
“A nosa benvida e o desexo de que trunfe xa que a sua sorte será a de todos nós”.
.
-Fotomontaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”