DEPOR-FICHAXE : CELSO BORGES REGRESA A CASA, (NOVAS BREVES).

 

Celso Borges Mora (San José, Costa Rica, 27 de maio de 1988) volve ás filas do RC Deportivo para a Temporada 2020-2021.

Borges xogou tres campañas e media no Deportivo, ao que chegou no mercado de inverno da 2014-2015. Coa camiseta branquiazul, o centrocampista costarriqueño disputou 111 encontros oficiais (107 deles en Primeira División e 4 en Copa do Rei), nos que marcou 15 goles, todos en Liga.

Despois do descenso a Segunda División ao final do curso 2017-2018, Borges foi traspasado ao Göztepe SK, co que xogou as dúas últimas campañas na Süper Lig turca.

Con 130 partidos coa selección ‘tica’ é o segundo futbolista máis veces internacional na historia do seu país, para o que ademais marcou 23 goles e ao que axudou a alcanzar os cuartos de final da Copa do Mundo de 2014.

 

Aketxe o Almería

O vasco Ager Aketxe asina polo UD Almería. Unha mala nova pois tiña interés en seguir no Depor pero o descenso a 2ª B deixanos sen un gran xogador ao que Fernando Vázquez lle quitou a esencia do gran fútbol que atesoura nas suas botas. O noso desexo de que todo lle vaia do milloriño…que teña boa proa.

 

Beauvue xa adestra co resto de compañeiros

Claudio Beauvue adestrouse xa esta mañá en Abegondo como xogador do Deportivo até 2022.

O ariete branquiazul, que levaba varias sesións con Fernando Vázquez desde o regreso das vacacións, estivo a semana pasada ultimando os detalles do seu novo contrato.

Hoxe, Beauvue foi un máis e realizou todo o adestramento con normalidade.

As outras 3 novas incorporacións do Deportivo 2020-21 aínda non se pasaron pola Cidade Deportiva. Borja Granero e Carlos Abad están con probas médicas rutineiras; mentres que Celso Borges atópase en Madrid arranxando a documentación para o seu regreso ao Dépor.

Con Uche de permiso, Gerard Valentín e Fede Cartabia, este con molestias nun cuádriceps, tiveron adestramento específico.

Na primeira sesión da semana, após un quecemento con xogos e rondos, Fernando Vázquez dispuxo un circuíto de forza, unha tarefa de posesión, un partido a metade do campo 2 e, para concluír, series de carreira.

Mañá martes, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:00 horas.

 

Interés polo meta Lucho García

Tars anunciarse a semana pasada a fichaxe do tinerfeño Carlso Abad, agora parace ser, segundo anuncia La Voz de Galicia, que o RC Deportivo está interesado no chaval de 22 anos Lucho Abad, que xogou a pasada tempada no Sevilla Atl´tico e que tamén estivo no Rayo Vallecano. Internacional Sub 23 con Colombia, viría a completar a parella de metas na plantilla.

 

Un xuiz madrileño rexeita a petición de paralizar o inicio da liga

Un xuiz madrileño ven de rexeitar a paralización da Liga de Primeira e Segunda División como pediran o RC Deportivo e o CD Numancia. Segundo este xuiz, conta o Diario As : “implicaría un evidente perxuizo o interese púbrico”.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies