DEPOR-FICHAXE : CARLOS ABAD NOVO PORTEIRO PARA O DEPOR.

 

Esta mañán anunciábamos a fichaxe do central Borja Granero chegado dende o UD Extremadura e poucas horas despois chéganos dende o RC Deportivo o anuncio da fichaxe de Carlos Abad, meta xove de tan só 25 anos pero xa cunha dilatada carreira en equipos de relevacia. Ca marcha de Dani Giménez, era unha das posicións a rforzar na que só quedaban o fabrilista e o xuvenil Alberto. Na rumoroloxía fálase da volta de Quique González, o que sería un “bombazo”, e a chegada de Elady Zorrilla, extremo goleador que tamén pode xogar en punta. Asimesmo parece cuestión de horas que se anuncie a volta de Celso Borges, e ademáis estase a negociar con Claudio Beauvou. Outro que sona é Dani Romera, dianteiro do CD Cadiz cedido a pasada tempada ao UD Alcorcón.

Carlos Javier Abad-Hernández Trujillo (Puerto de la Cruz, Tenerife, 28 de xuño de 1995) converteuse en nova fichaxe do Deportivo até 2022. 

O porteiro tinerfeño xogou a temporada pasada a Super League grega co AO Xanthi, onde se atopaba cedido polo CD Tenerife, club ao que estivo vinculado desde 2009, en idade infantil, até hoxe.

Despois de xogar 9 partidos en Segunda División co cadro chicharreIro con tan só 19 anos, Carlos Abad foi cedido ao Real Madrid Castilla durante dúas campañas. Co filial madridista acumulou 67 partidos en Segunda División B, nos que encaixou 73 goles.

Após participar en só 4 partidos no seu curso de regreso á illa, o 2017-2018, Carlos Abad foi cedido de novo, esta vez ao Córdoba CF, co que disputou 28 partidos en Segunda División no exercicio 2018-2019. A campaña pasada completou unha nova cesión, esta vez na elite do fútbol grego cun AO Xanthi co que foi titular en 28 dos 33 encontros de Liga, nos que recibiu 31 tantos.

 

Chrístian Santos despídese do Depor e asina polo VfL Osnabrück

O venezolano de orixe galega Chrístian Santos despídese no seu Instagram do RC Deportivo e da afección e asina polo clube alemán VfL Osnabrück.

 

 

-Foto e Texto . RC Deportivo/Chrístian Santos