DEPOR-FICHAXE : BORJA GRANERO EXPERIENZA EN SEGUNDA E 2ªB PARA A ZAGA DEPORTIVISTA.

 

Borja Granero Niñerola (Valencia, 30 de xuño de 1990) convértese en novo xogador do RC Deportivo para a Temporada 2020-2021 e dúas campañas máis.

Defensa central ou centrocampista defensivo, Borja Granero formouse na canteira do Valencia CF e procede do Extremadura UD. Co club de Almendralejo disputou 71 dos 84 partidos que xogou en Segunda División nas dúas últimas temporadas.

O futbolista valenciano acumula 123 partidos de experiencia na división de prata do fútbol español, na que defendeu as camisetas de Recreativo de Huelva, Real Racing Club de Santander e o conxunto estremeño. Ademais, disputou outros 120 encontros na categoría de bronce nas filas do Villajoyosa CF e do club cántabro, co que logrou o ascenso a Segunda na Temporada 2013-2014.

 

Aldo Duscher o Xuvenil B

Aldo Pedro Duscher (Gualjaina, Arxentina, 22 de marzo de 1979) incorporouse onte ao corpo técnico do xuvenil B. O exfutbolista branquiazul, que xogou no Dépor 142 partidos de Liga e 34 de Champions nas súas 7 temporadas na Coruña (2000-2007), regresa á cidade herculina para formar parte do corpo técnico do xuvenil B.

Duscher traballará co primeiro adestrador do equipo, Álex Antón, o seu segundo, Antonio Ventura e o técnico de porteiros, David Vidal.

 

Gandoy renova por 3 anos

A xove perla da canteira Yago Gandoy, ainda que sen confirmar polo clube, segundo Coruña Deportiva, ven de renovar por 3 anos máis.

.

-Foto e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies