Xa choveu desde aquel torneo de verán que se xogou no Municipal da Arliña fai 15 anos con equipos da Costa da morte, da provincia da Coruña e de Pontevedra. No Escolas Luis Calvo Sanz de Carballo xogaba un rapaciñoa pequeno de estatura e reboliño, con pouca pinta de xogador axil peroi que nos asombrou a todos. Decíame un carballés : “É unha máquina, xa por eso lle chaman “O Potro de Carballo”, ainda que o rapáz é de Coristanco…”. A final dese torneo chegaron os carballeses e o Deportivo, que xa tomara boa conta do rapáz e que o sufreu na final.
Por outra banda no Muxía destacaba Manu, (o que nós bautizaríamos como Manu Nogueira futbolisticamente), que tras este torneo sería fichado polo equipo carballés no que xogaría con Angeliño, Miguel Loureiro e con outro muxián, Rati.
O de coristanco era un ano máis novo ca Nogueira pero coincidiron en Carballo, “era un ano máis ca nós pero xogaba as veces con nós e tiña unha zurda diferencial, era rápido e moi competitivo”.
Angeliño tras marchar a terras inglesas nos tempos de Lendoiro agora regresa tras amosar moitas veces o seu desexo de voltar e de seguro cun caso parecido o de Lucas Pérez pois a sua ficha na Roma é desorbitante, fálase dos en torno os 4 millóns de euros.
Hai fichaxes que se explican polos números. Outros, polo escudo. O regreso de, Angeliño, ao Depor reúne as dúas cousas. Volve un canteirán que marchou sendo un adolescente para conquistar Europa e que agora, con 29 anos e unha mochila cargada de experiencia, regresa á casa para afrontar o reto da Primeira División. A operación, pendente unicamente da súa oficialización, chega en forma de cesión desde a Roma con opción de compra.
A súa historia comezou nas Eiroas, para logo dar o salto a Abegondo, pero axiña chamou a atención do Manchester City, que o incorporou en 2013 cando aínda era un dos maiores talentos da canteira branquiazul. Desde entón, a súa carreira foi unha auténtica viaxe polo fútbol europeo e americano.
Pasou polo New York City, Mallorca, NAC Breda, PSV Eindhoven, RB Leipzig, Hoffenheim, Galatasaray e Roma, acumulando experiencia nas mellores competicións do continente e converténdose nun dos laterais esquerdos españois con maior percorrido internacional.
Pero o máis importante non son só os nomes dos clubs
Angeliño chega a Riazor despois de disputar 435 partidos como profesional, nos que asinou 28 goles e 84 asistencias. Unhas cifras pouco habituais para un defensor, que explican perfectamente o seu perfil ofensivo. Ademais, xogou 37 encontros de Liga de Campións, repartidos entre Manchester City, PSV, Leipzig e Galatasaray, con 3 goles e 9 asistencias, demostrando durante anos que podía competir ao máximo nivel europeo.
A súa carta de presentación sempre foi a mesma: velocidade, profundidade pola banda esquerda e un dos mellores golpes de balón do fútbol europeo. As súas incorporacións ao ataque e a precisión nos centros convertérono nun lateral diferencial, capaz de decidir partidos tanto asistindo como aparecendo en segunda liña.
Ao longo da súa carreira tamén deixou pegada en tres das grandes ligas do continente. Xogou na Premier League, na Bundesliga e na Serie A, ademais de destacar na Eredivisie neerlandesa e na Superliga turca. Esa experiencia é precisamente unha das razóns polas que o Deportivo apostou por el para reforzar unha posición que necesitaba un salto de calidade.
Pero hai un aspecto que vai máis alá do deportivo
Nunca ocultou o seu desexo de regresar ao Dépor. Durante anos repetiu que vestir a camiseta do primeiro equipo era unha conta pendente. Agora poderá cumprila. Non chega como unha promesa, senón como un futbolista feito, con centos de partidos ás costas e tras competir en escenarios como o Etihad Stadium, San Siro, Signal Iduna Park ou o Olímpico de Roma.
Antonio Hidalgo gaña un lateral capaz de percorrer toda a banda, cunha enorme capacidade para romper liñas, ofrecer solucións ofensivas e mellorar unha das posicións que máis preocupaban á dirección deportiva. E o deportivismo recupera un dos seus.
Porque ás veces as mellores fichaxes non son as máis caras nin as máis mediáticas. Son aquelas nas que un futbolista sente que, despois de dar a volta a Europa, o lugar ao que sempre quixo volver era exactamente o mesmo do que saíu sendo un rapaz. Angeliño xa está de volta. E Riazor, por fin, poderá velo defendendo a camiseta coa que soñou desde pequeno.
Maltrato por parte da selección
Todo hai que dicilo, Angeliño foi o rapáz peor tratado pola RFEF en moitos anos. Deslumbrou moitos anos e en ligas premium só foi chamado pola selección un par de veces, namentras outros que non daban o nivel ían convocatoria tras convocatoria. Si xogou e deslumbrou nas categorías inferiores ata a Sub 21, pero nen eso valeu para que o tivesen en conta.
