DEPOR E DEPORTIVO FEMININO XOGAN SÁBADO…OS NOSOS UN CHOQUE SEN DADA EN XOGO PARA ELES, E AS NOSAS UN ENCONTRO VITAL DE CARA A PERMANENZA DIRETA.

Eva Dios e Noel López.

 

O Depor xoga pro unha vez, un derradeiro encontro de liga sen ningún apuro clasificatorio. Coa segunda praza para os Play-Off xa finiquitada a pasada semana en Valladolid, o encontro ante Unionistas de Salamanca, valerá para darlle minutos aos máis habituais e darlle descanso o resto, así como evitar, no caso de Quiles e Miku, un quinto cartón que os apartaría do primeiro encontro da loita polo ascenso.

Non así é para o Unionistas de Salamanca, que precisa gañar e logo esperar algunha carambola para colarse nos Play-Off. O encontro será en Riazor  a partires das 18:30 horas, (16:30 GMT), coa arbitraxe de Albert Ávalos Martos, do Colexio catalán, auspiciado nas bandas polos tamén cataláns, Marc Bondía e Daniel Fulla.

Televisado por Fuchs Sport online e a TVG2 pola canle televisiva e a sua web, ambos en aberto, e por Footters para os seus aboados.

Pola sua banda o Deportivo Feminino, xogará tamén o sábado 28 de Maio, neste caso en Abegondo, a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT), contra o Atlético de Madrid B, na 29ª xornada da Liga Reto Iberdrola Grupo Norte, nun choque no que as nosas tratarán de gañar para evitar o Play-Out, o que ven sendo o Play-Off de permanenza. 

-Fotos : RC Deportivo

-Montaxe : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia