DEPOR 5-0 CSD ARZÚA : BO ADESTRAMENTO DO DEPOR DE CARA O INCIO DE LIGA.

 

Depor 5-0 CSD Arzúa

Plantou cara o CSD Arzúa na primeira metade cun Depor cos canteiráns, Adri Castro, Valín, Queijeiro e Juan Rodríguez no terreo de xogo, pero sen chegar a intimidar, ata que o Depor abreu o marcador. Un tiro frouxo as mans de Carlos Abad, que estivo baixo paus na primeira metade. Lara tras un pase dende o lateral, Keko Gontan tras recorte e gran disparo cruzado dende fora do área pegado o vértice dereito e Miku tras asistencia de Lara, fixeron os 3 do primeiro periodo no que xogaron : Carlos Abad, Mujaid, Juan Rodríguez, Hertor Hernández, Bergantiños, Queijeiro, Keko Gontán, Miku, Lara e Adri Castro. Destacar desta parte a Lara, Héctor Hernández e Keko Gontán.

Na segunda metade carrusel de trocos ca entrada de :  Lucho, Bóveda, Borges, Gandoy, Nacho, Granero e Salva,  por Carlos Abad, Valín, Juan Rodríguez, Héctor Hernández, Queijeiro, Adri Castro e Miku. O dominio xa foi total dos deportivistas, con numerosas chegadas e quizais menos goles dos que podería haber. Celso Borges a centro dende a banda esquerda rematando baixo paus co pe, chegando dende atrás e Gandoy tras unha xogada colectiva maxistral fixeron o definitivo 5-0. Boas maneiras de Nacho González, o que xa sabemos do dominio no medio de Bergantiños e Borges e deparpaxo de Gandoy pedindo o balón por todo o fronte de ataque e combinando. 

 

O DETALLE

Debut nesta pretempada de Lucho García, que practicamente non tocou o blaón, e estrea da primeira equipación. O encontro foi ofrecido como xa vos tivemos informado, na canle de YouTube do clube e podedes velos de novo PREMENDO AQUÍ.

 

Próximos encontros

O calendario provisional de amigables xa confirmados é o seguinte:

Sábado 26 de setembro, A Magdalena (Vilalba) : Racing Villalbés 0–3 Deportivo, (Lara, Adri Castro e Celso Borges)
Mércores 30 de setembro, RIAZOR : Deportivo 5–0 CSD Arzúa, (Lara, Keko, Miku, Borges e GaNdoy)
Sábado 3 de outubro, 19:00 h., As Eiroas (Carballo): Bergantiños FC – Deportivo
Sábado 10 de outubro, 18:00 h., A Devesa (Bembibre): Deportivo – Valladolid Promesas

 

Empate do Fabril co Compostela

Na mañán deste mércores, tal como vos adiantamos no día de onte, o Fabril de Juan Carlos Valerón e Manuel Pablo xogaba un amigable contra o Sompostela que xogará no grupo do Depor na 2ª B. Os fabrilistas plantaron cara e acadron unha merecida igualada que puido ser unha vitoria. O encontro foi presenciado por Fernando Vázquez e varios xogadores do primeiro equipo. 

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia