Depor 4-2 Malaga CF
“Noite épica en Riazor para sumar o album de lembranzas”
A noite diste 12 de Xuño do 2019 pasará a historia coma outras épicas do Depor ante Paris Sant Germain ou AC Milán. Non ten a importancia destas últimas o ser a nivel europeo, pero si pode telo segundo se desenvolvan os acontecementos que estamos por vivir. A pesares de que moita xente que traballa no mar, construcción, comercios, etc, que non puideron ir a animar o equipo a Riazor, dado que máis da metade dos socios deportivistas somos de fora da Coruña e a hora non o permitía. Os que puidemos estar, e fomos máis de 24.000 un mércores, disfrutamos cunha noite inexquecible. tras unha primeira metade na que os nubarróns que daban os partes meteorolóxicos estaban sobre as nosas cabezas, cun Málaga superior e dono do balón e un Depor cheo de dúbidas, medoso e fallón, que tralo gol malaguista veuse cun tanto inesperado aos 2 minutos cun penalti sobre David Simón e marcado exactamente igual ca o de ante o Mallorca por Carlos Fernández, e logo ver como nos íamos o decanso co 1-2 no lombo e con poucas esperanzas. Veuse arriba o equipo e veuse arriba a afección e xuntos desarbolaron a un Málaga que lle entraban por tódolos lados. Ou polo troco no sistema con Fede Cartabia máis por dentro cun craro 4-2-1-3, co arxentino facendo das suas. Primeiro esqusitez do arxentino con centro de “cuchariña” para que Carlos non tivese máis ca empuxala. Logo Pedro a remate de centro de Saúl e logo Borja Valle en xogada persoal no pico do área, levaban o campo o éxtase co 4-2 no marcador, que non é definitivo, pero que abreu a luz a un encopntro extraordinario na segunda metade para os deportivistas. Tamén hai que decir que Ontiveros con 2-2 estrelou, un saque lateral de falta, no poste.
Depor: Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Somma, Saúl, Fede Cartabia (Diego Caballo, min. 81), Álex Bergantiños, Edu Expósito, Pedro (Nahuel, min. 69), Carlos Fernández e Borja Valle (Vicente Gómez, min. 86).
Málaga CF: Munir, Iván Rodríguez, Luis Hernández, Pau Torres (Diego González, min. 80), Ricca, Boulahroud (Erik Morán, min. 66), Keidi Bare, Adrián (Pacheco, min. 66), Renato Santos, Blanco Leschuk e Ontiveros.
Goles: 0-1 Luis Hernández (min. 18); 1-1 Carlos Fernández, de penalti (min. 21); 1-2 Ontiveros (min. 37); 2-2 Pedro (min. 56); 3-2 Carlos Fernández (min. 63); 4-2 Borja Valle (min. 78).
Árbitro: Soto Grado (colexio rioxano). Cartón amarelo a Pedro (min. 13), Iván Rodríguez (min. 25), Keidi Bare (min. 30) e Ontiveros (min. 90+2). Moi mal o colexiado que estivo presto e disposto a sacarlle un cartón a Pedro Sánchez na primeira metade e perdoulle en imnumerables ocasións cartón a xogadores malaguistas. Ademáis nin él nen o liña quioxeron pitar no primeiro tempo unhas craras mans no lateral do área da porta de “General”.
Incidencias: Partido de ida da primeira eliminatoria do “Play-off” de ascenso a 1ª División disputado no Estadio de Riazor ante 24.267 espectadores. Arredor dun cento de afeccionados malaguistas na “Xaula”. Álex Bergantiños explicoulle aos Riazor Blues que cantaban para que o equipo saise de novo, que xa estaban no baño de auga fría para descanso das pernas, xa que hai encontro de novo o sábado e que logo ceaban todos xuntos no propio estadio de Re que por iso xa non podían sair.
MANIFESTACIÓNS
José Luis Martí
José Luis Martí, visiblemente satisfeito, manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que queda do partido “coa reacción, co fútbol dos xogadores, co esforzo, co traballo e con esta afección que ao final se nota. Un dos goles como mínimo empuxouno a afección”.
O técnico deportivista subliñou que o vestiario “é un grupo que a min me gañou desde o día que cheguei, e demostroume día a día que quere chegar todo o máis alto. Unha vez máis o demostraron. Non baixaron os brazos en ningún momento sabendo as dificultades porque habemos ir dúas veces por baixo no marcador. Conseguimos un resultado interesante pero para nada definitivo, sabendo que en Málaga imos sufrir moitísimo ante un rival que demostrou ser un dos mellores equipos da categoría”.
Recalca neste sentido que “temos unha vantaxe, pero non somos favoritos. A etiqueta de poñer favorito a calquera equipo non o vexo no mundo do fútbol. No mundo do fútbol non pos favorito a ninguén porque hoxe vimos que se producen situacións de diferentes estilos. Pero confío no noso traballo, imos ir coa máxima ilusión, a máxima predisposición sabendo que confiamos no noso traballo”.
Víctor Sánchez
Pola súa banda, Víctor Sánchez del Amo, técnico do Málaga CF, destacou que “nos primeiros 15 minutos da segunda parte concentráronse moitas xogadas de gol do Dépor e 3 remates a porta foron 3 goles”.
Indica que “o resultado final chama a atención, pero para nada é definitivo para nós. O equipo ha ir a buscar o terceiro gol, e de estar preto de logralo viñéronse as outras dúas situacións. Obviamente enfronte temos a un rival importante, importantísimo, que ten xogadores de moito nivel; e iso demóstrao a efectividade que tiveron cos remates a portería”.
Opina que a eliminatoria “segue aberta. Temos que facer 2 goles para superar ao Dépor. Os últimos partidos en casa marcamos 3 en cada un. Estou seguro que co apoio da afección, e coa confianza que temos nos nosos xogadores, podémolo lograr”.
Carlos Fernández
Carlos Fernández e Álex Bergantiños atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.
O dianteiro andaluz, autor de dous goles, advirte que “quen pense que a eliminatoria está feita ou se conseguiu pasar, está moi equivocado. Alí queda un partido moi moi difícil. O Málaga é un gran equipo no seu campo, coa súa afección”.
Recoñece que “nestes últimos partidos estamos a crear moitas ocasións, parece que non acababan de entrar. Pero hai unha frase dun amigo meu que di: ‘onde non chegue o acerto, que chegue a insistencia’. Hoxe entraron. Contentos e a pensar no partido do sábado”.
Álex Bergantiños
Álex Bergantiños tamén alerta que “o campo do Málaga é complicadísimo. Vai estar a rebentar. Imos ter que sufrir moito alí”.
O mediocentro coruñés vaticina este sábado 15 de xuño (21:00 horas, Movistar Partidazo) “un partido duro. Se non estamos ao 100 % en calquera momento pódense meter e dar a volta á eliminatoria”. Por esta razón pide “máxima prudencia” de cara ao choque de volta.
Admite que o triunfo desta noite e por exemplo o do partido de liga ante o Real Mallorca, cun penalti no último minuto, “animicamente é un paso importante. Pero isto cambia rapidamente. No descanso alguén nos daba por mortos e iso pode pasar co Málaga. É un gran equipo, vai xogar ante a súa afección e ten a capacidade de poder darlle a volta se non imos coa máxima humildade alí”.
-As manifestación son unha xentileza de rcdeportivo.es-
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es