Tifo dos Riazor Blues ao inicio do encontro.
DEPOR 2-0 MALLORCA
Demostrou unha vez máis o Mallorca que é un equipo moi complicado, que se defende moi ordeadamente e que sae con rapidez e moito perigo a contra. Comezou respondón e no primeiro cuarto de hora non deixou fiañar xogo o Depor e tivo a sua mellor ocasión cun balón colgado no que Duarte impide o remate de Abdon Prats. O equipo branquiazul tiña posesións en medio campo pero sen ser quen en chegar o área “bermellona”, ata que nun balón filtrado que chega a Bóveda, este pásalle a Fede Cartabia que centra e Carlos Fernández remata pegado o poste.
Riazor comezou a meter lume e o equipo foi chegando arriba, ata que no 27 unha falta lateral sobre Fede na que máis parecía que ía a tirar Pedro, o arxentino lanza con efecto a escadra e bate a Reina. Moita ledicia no campo e na grada.
Tres minutos despois chegou o susto da noite. Nun balón dividido vanse o chan, Álex Bergantiños e Perera, O da Sagrada Familia cos pes o balón e o mallorquinista cos pes a cara de Álex. Un impacto brutal que fixo presaxiar o peor. Cun Álex ca faciana totalmente ensangrentada e Perera chorando. Tivo que ser trasladado ao Hospital do Modelo onde quedou ingresado cun forte golpe e corte na cara que lle obrigará a sufrir unha ciruxía, (tal como apuntaba o clube tralo encontro).
Foi expulsado Perera por un árbitro que amosou que non se enteraba de nada, pois non pitou nada na tremenda agresión, nen parou o xogo ata que os xogadores e todo o estadio llo pideu reiteradamente e ao ver que saltaon o campo os médicos de ambos equipos así como os adestradores e a xente do banquillo. José Luis Martí agarrou a Perera e tranquilizouno. Entrou Vicente Gómez por Álex Bergantiños.
Sen repoñerse do susto caeu lesionado Somma que tivo que ser sustituido por David Simón, pasando a central Eneko Bóveda. No tempo restante e nos 3 minutos que se aumentaron non pasou nada.
Tamén comezou máis tranquila a segunda metade, co equipo mallorquín que pasou a un 4-4-1, co equipo pechado atrás e buscando as contras, pero maís pechados se cabe ca na primeira metade.
Destacable un tiro de Pedro Sánchez dende o pico do área moi parecído ao do gol ante o Málaga de Borja Valle, pero sen ser raso e que Reina atallou en dous tempos e outro de Fede dende a banda contraria. Tamén tivo unha clara de cabeza Carlos Fernández, pero saeulle con pouca forza. Estaba achegar o Depor pero sen acabar de topar os tres paus.
O balón traspasou claramente a liña de gol.
Ata que no 77 unha das moitas internadas de Fede por banda dereita, centra, Carlos Fernández asiste a Quique González, para que este de semi-chilena, remata a carón do poste, para que o balón bote na liña e Raillo despexe co balón xa dentro. O liña levanta o banderín o ver que o árbitro non da o gol, (tal como recolle a normativa), para que este vaia onda él. Falan durante máis de un minuto, para que ca presión de uns e outros xogadores, este decida co que lle di o liña e acaba dando gol, nunha xogada que se ben o árbitro xa estivo mal en todo o encontro, puido acabar de subir o podio dos malos, pero da o gol e acerta.
Co gol os mallorquinistas que xa levaban moito perdido de tempo con lesionados simulados, saques de porta e de banda rabuñando minutos de tódolos xeitos, entroulles a prisa. Puido sentenzar a eliminatoria o Depor cun testarazo en boca de gol de Domingos Duarte, pero saeulle as mans do porteiro.
Para acabar de rematar unha arbitraxe na que sempre tirou nas faltas para o bando mallorquín, só aumentou 3 minutos, cando todos esperábamos como mínimo 5, tendo en conta que cada vez que perdían tempo os visitantes facía o xesto de ter o reloxo parado.
“Punto de partido” como se diría no tenis, o final trunfo por 2-0, boa renda pero ainda non está nada feito. O Depor terá que recuperar a Pablo Marí ou a Somma para o encontro de volta ou senón terá que xogar de novo Eneko Bóveda. O de Álex Bergantiños é unha incognita, pero se ten que recibir ciruxía o máis posible e que se perda o encontro, así coma no bando contrario perden a Perera unha peza clave no centro do campo para Moreno.
A volta o vindeiro Domingo víspera de San Xoán ás 21:00 horas. O equipo retornará ao Aeroporto de Alvedro, (A Coruña), en torno ás 3 da madrugada.
Depor : Dani Giménez, Bóveda, Domingos Duarte, Somma (David Simón, min. 45+2), Saúl, Fede Cartabia (Borja Valle, min. 83), Álex Bergantiños (Vicente Gómez, min. 43), Edu Expósito, Pedro, Carlos Fernández e Quique.
Goles: 1-0 Fede Cartabia (min. 37); 2-0 Quique (min. 79).
Árbitro: Trujillo Suárez (c. tinerfeño). Expulsou con vermella directa a Pedraza (min. 41). Cartón amarelo a Leo Suárez (min. 45), Joan Sastre (min. 45), Edu Expósito (min. 45), Lago Junior (min. 54), Pedro (min. 66), Manolo Reina (min. 80) e Raíllo (min. 90+2). Estivo moi mal a hora de sancionar as faltas, inclinándose en todo intre máis favorable a sinalalas a favor do equipo mallorquín. Acertou gracias o liña na xogada do segundo gol deportivista. Nin se entereou da agresión a Álex diante dos seus fuciños e deixou seguir a xogada.
Incidencias: Partido de ida da final do playoff de ascenso a LaLiga Santander disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 29.363 espectadores, en torno a 25o mallorquinistas na “Xaula” da curva de Pabellón Superior. Os Riazor Blues levantaron un tifo aludindo ao lume de San Xoan.
MANIFESTACIÓNS
JOSÉ LUIS MARTÍ
José Luis Martí advertiu esta noite na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que “se todos estivésemos a pensar na noite de San Juan, no especial que pode ser, sería unha gran equivocación. E os meus xogadores non o pensan, e o Club non o pensa”.
Insiste que en Son Moix este domingo 23 de xuño (21:00 horas, Movistar Partidazo), no partido definitivo polo ascenso, “imos sufrir moito, vainos custar moitísimo. Imos ter que traballar durante 95 minutos dunha maneira tremenda para poder levarnos ese ansiado ascenso”.
Recalca que o 2-0 é “vantaxe para nós evidentemente, pero imos sufrir moitísimo, posiblemente máis que na eliminatoria anterior. Vannos angustiar moito, vannos meter moitos balóns á área, a través da combinación ou do fútbol directo. Co cal nos queda un camiño moi longo por percorrer, coa idea de meter un gol para porllo máis complicado”.
De cara ao choque de volta da final, pide “ser o suficientemente ordenados para estar a defender ben, saír e tentar buscar a portería contraria para poñerllo máis difícil”.
Espera precisamente José Luis Martí en Mallorca “un campo cheo; unha afección envorcada; un equipo con moitísimo ritmo, con moita intensidade; meténdonos moitos balóns na nosa área; con moitísimos balóns cruzados, divididos, esas segundas xogadas. Vainos custar, pero temos que crer en nós e traballalo”.
FEDE CARTABIA E QUIQUE GONZÁLEZ
Fede Cartabia e Quique González atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.
O atacante arxentino tamén advirte que en Mallorca, este domingo 23 de xuño (21:00 horas, Movistar Partidazo), no partido decisivo polo ascenso “imos sufrir moito”.
Cartabia, autor dun gran gol de falta que abriu o marcador, insiste en que “temos que ser humildes. descansar e despois de mañá prepararnos para o seguinte partido”.
Pola súa banda, Quique González cre que “o temos na man, dependemos de nós. É algo moi bonito que non se pode escapar”.
Iso si, recomenda agora de cara á volta “calma, cautela e confiar no que fixemos, que nos está dando resultado”.
Fede Cartabia e Quique González atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.
O atacante arxentino tamén advirte que en Mallorca, este domingo 23 de xuño (21:00 horas, Movistar Partidazo), no partido decisivo polo ascenso “imos sufrir moito”.
Cartabia, autor dun gran gol de falta que abriu o marcador, insiste en que “temos que ser humildes. descansar e despois de mañá prepararnos para o seguinte partido”.
Pola súa banda, Quique González cre que “o temos na man, dependemos de nós. É algo moi bonito que non se pode escapar”.
Iso si, recomenda agora de cara á volta “calma, cautela e confiar no que fixemos, que nos está dando resultado”.
VÍDEOS
Abaixo, na portada da web, nos nosos “Vídeos Recomendaos” tedes o vídeo das manifestacións o completo de José Luis Martí, de Moreno, (adestrador do Mallorca), Fede Cartabia e Quique González.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es