DEPOR 2-0 FABRIL : PRIMEIRO AMIGABLE DE ADESTRAMENTO

Aliñación da 2ª metade

 

Depor 2-0 Fabril

Primeiro amigable do Depor de cara a prepararse de cara o comezo da 2ª División 2019/20, no que como cada ano o adversario foi o filial e no Depor xogaron varios fabrilistas que están a facer a pretempada co primeiro equipo.

Saltaron o terreo de xogo no primeiro tempo : Koke Vegas, (p), Gerard Valentín, Eneko Bóveda, Tomás Bourdal, Íñigo Reinoso, Álex Bergantiños, (C), Gaku, Fede Cartabia, Borja Valle, Koné e Crístian Santos.

Destacar deste primeiro tempo o bo estado de forma de Crístian Santos que marcou un golazo a pase de Gaku e puido marcar un par deles máiis, ademáis de sufrir un penalti que non lle pìtaro. Tamén puido marcar Eneko Bóveda e  Koné. O Fabril tivo unha boa ocasión na testa de Pedro.

Ademáis de Santos, moi boas cousas se lle viron a Koné que xogou moi ben de espaldas e creou moito perigo.

Na segunda metade entraron : Álex Cobos, (p), Juanfran, Mujaid, Lampropoulos, Caballo, Gandoy, Mosquera (C), Javi Sánchez, Borja Galán, Aketxe e Diego Rolan.

Unha segunda metade na que nos primeiros compases Mujaid marcaba tras un bo movemento dentro do área nun saque de curruncho no que colle a posición para pinzar o segundo pau, nun detalle técnico moi bo. O Fabril veuse arriba e puido marcar, pero volveu a retomar o control o Depor con Mosquera mandando no medio do campo e Borja Galán moi destacado por banda esquerda. Tamén sufreu un penalti que o colexiado non quixo pitar.

Mereceu a lo menos o Fabril un gol e o Depor algún máis, en especial un balón dende o medio do campo que bateu no longueiro co meta adiantado.

O final, bo adestramento para seguir sumando minutos de preparación tanto por parte de uns coma doutros.

Xa sabes que na canle de Youtube do clube, (rcdeportivo), podes ver os encontros en direto do equipo e logo en diferido, tamén nos nosos “Vídeos Recomendados”, así coma tódoloos que colga o RC Deportivo.

O seguinte encontro de pretempada será o sábado 27 de xullo, fronte ao Racing de Ferrol no campo de Cantarrana en Viveiro. O encontro dará inicio ás 19:00 horas, (17:00 GMT). No mesmo porase en xogo o “Trofeo 25 Aniversario da Peña Deportivista de Viveiro”, cuxos actos conmemorativos iniciáronse onte martes 23 de xullo coa inauguración dunha exposición sobre o seu cuarto de século de vida. A Sala Municipal da Praza Maior de Viveiro acollerá a mostra, desde as 21:00 horas do martes até o día do partido.

TODA A PRETEMPADA DO DEPOR

Mércores 24 de xullo : Depor 2-0 Fabril, (Crístian Santos e Mujaid)

Sábado 27 de xullo : 19:00 horas, (17:00 GMT) : Cantarrana (Viveiro), Deportivo-Racing de Ferrol
Mércores 31 de xullo : Pasarón (Pontevedra), 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Tenerife; 22:00 horas, (20:00 GMT) : Pontevedra-Deportivo
Sábado 3 de agosto : A Magdalena (Vilalba), Deportivo-SD Ponferradina
Sábado 10 de agosto : ABANCA-RIAZOR, 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Real Betis.

-Datos e foto de rcdeportivo.es-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies