DEPOR 1-2 SD PONFERRADINA : “PONFERRADA XA TEN O SEU TERESA HERRERA”.

“LXXVI TERESA HERRERA”

A Ponferradina, xa pode presumir de ter un Teresa Herrera nas suas vitrinas.

 

Depor 1-2 SD Ponferradina

Fai uns anos sería impensable unha final dun “Teresa Herrera” co SD Ponferradina, e máis ainda, que o Depor estivera por debaixo dos ponferradinos no tratande a competición.

Dende a localidade bierzana, anos atrás miraban con envidia sana Riazor e o que se xogaba nél. As circunstancias deportivas e económicas fixeron que fose posible esta final, que puideron presenciar 5.000 afeccionados, polo menos sí se mellorou en algo. O anos pasado estábamos pechados e o rival fora unha selección do fútbol coruñés, i rival da final.

Desta volta pode dedirse que houbo un tempo para cada equipo. No primeiro mandaron os de Ponferrada e no segundo o Deoir, que fixo méritos dabondo para empatar, pero dous erros, un o final do primeiro tempo, e outro o comezo do segundo, acabaron en sendos goles visitantes. Púxose costa arriba o choque, pero miku a pase de Quiles acurtaba distanza, pero faltaría definir para acadar o do empate. Ni treito final os xogadores reclamaron un penalti que o colexiado non quixo ver.

Boa disposición dos de Borja Jiménez, en especial na media hora final do encontro. Notouse a falla de extemos, e as veces abusouse do xogo por dentro. Os goles visitantes, foron erros evitables. Alberto Quiles recibeu o trofeo Extrella Galicia ao mellor xogador da final.

Depor : Mackay, Trilli, Pablo Trigueros (Borja Granero, min. 70), Jaime (Lapeña, min. 60), Héctor Hernández (Aguirre, min. 60), Diego Villares, Álex Bergantiños (Josep Calavera, min. 70), Rafa de Vicente (William, min. 46), Menudo (Yeremay Hernández, min. 80), Miku (Noel, min. 80) e Quiles (Keko, min. 70).

SD Ponferradina : Amir, Iván Rodríguez (Paris Adot, min. 72), Amo, Copete (Adrián Castellano, min. 85), Ríos Reina, Dani Ojeda, Agustín Medina (Saúl Crespo, min. 85), Erik Morán (Pascanu, min. 72), José Naranjo (Pujol, min. 78), Edu Espiau (Kaxe, min. 72) e Yuri (Juan Becerra, min. 85).

Goles: 0-1 Edu Espiau (min. 43); 0-2 José Naranjo (min. 51); 1-2 Miku (min. 66).

Árbitro: Pastoriza Iglesias (c. galego). Cartón amarelo a Agustín Medina (min. 36), Lapeña (min. 64) e Erik Morán (min. 69).

Incidencias: partido correspondente ao LXXVI Trofeo Teresa Herrera disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR con asistencia limitada a 5.000 espectadores debido á pandemia de COVID-19. 

PREME AQUÍ, se queres ver o encontro.

 

O equipo descansa ata mércores

Deportivo tómase un pequeno respiro na súa pretemporada. Borja Jiménez concedeu dous días de descanso, mañá luns 9 de agosto e o martes 10. O técnico deportivista citou de novo ao seu cadro o mércores 11 ás 09:00 en Abegondo para un adestramento que arrancará no céspede ás 10:30 horas.

O Real Madrid Castilla será o próximo rival do Dépor, o domingo 15 de agosto ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR. O filial branco disputou a pasada temporada o playoff de ascenso e este ano milita no outro grupo de 1ª RFEF.

Entradas para o Depor-Real Madrid Castilla

O domingo 15 de agosto de 2021 o Estadio ABANCA-RIAZOR acolle o segundo partido de pretemporada como local do Dépor, o Deportivo-Real Madrid Castilla, que se disputa ás 19:00 h. e que tamén poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas á colaboración de www.integralmotion.es

O aforo permitido polas autoridades para o partido é de 5.000 espectadores polo que, inicialmente, ábrese o procedemento de petición/prerreserva de entradas, que se xestiona do seguinte modo:

– Ao ser partido con aforo limitado non se poderá acceder ao Estadio con carné de temporada senón que será obrigatorio solicitar e ter entrada.
– Só poderán solicitar entrada, sen custo, persoas socias do Deportivo 2021-2022 que renovasen o seu carné antes do xoves 12 de agosto ás 12:00 h.
– A posibilidade de ter entrada debe xestionarse, exclusivamente, en reservas.rcdeportivo.es
– Todas as persoas socias que renoven o seu abono entre a publicación desta información e o 12 de agosto ás 12:00 h. deberán esperar, polo menos, 12 horas antes de facer a petición de entrada en reservas.rcdeportivo.es, para que o seu abono renovado apareza no sistema de reserva de entradas como autorizado a poder solicitar invitación.
– Unha vez pechado o prazo de solicitudes notificarase persoalmente a cada persoa peticionaria de entradas se dispón ou non dela e do procedemento, 100% telemático, para poder recibila, así como de todos os detalles para poder facer uso da mesma para o partido.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies