DEPOR 1-1 RACING DE FERROL, NO SEGUNDO AMISTOSO DE ADESTREAMENTO

Borja Valle fixo o gol do empate.

 

DEPOR 1-1 RACING DE FERROL

Encontro no que como era de eseparar o Depor foi mellor, pero no que o resultado non foi o que era de esperar ante un equipo de 2ª B. Falta moito que perfilar no equipo pero xa se van vendo cousas.

Xogaron de inicio 4 das fichaxes deste ano, Gaku, Aketxe, Koné e Labro. O mellor sen dúbida volveu a ser Aketxe que creou moito perigo tanto a balón parado coma en xogada.

Adiantouse o equipo ferrolán cun tanto de Juan Antonio, (46´), cando o Depor xa desperdiciara 4 boas ocasións. A volta de vestiarios o dominio deportivista foi total e chagaba o empate cun tanto de Borja Valle a pase de Koné, que está a amosar moitas cousas xogando de espaldas a defensa.

A pesares do dominio e as ocasións non chegou o gol da vitoria e foise a tanda de penaltis para dilucidar quen se levaba o trofeo da Peña Deportivista de Viveiro do seu 25 aniversario e nese aspecto foron mellores os ferroláns que gañaban dende os once metros.

O proximo encontro é un triangular o mércores 31 de xullo en “Pasarón”, (Pontevedra), 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Tenerife; 22:00 horas, (20:00 GMT) : Pontevedra-Deportivo.

Depor : Koke Vegas (Álex Cobo, min 62); Bóveda (Valentín, min 62), Mujaid, Lampropoulos (Bourdal, min 62), Caballo (Martí Vila, min 62); Bergantiños (Gandoy, min 62), Gaku (Vicente, min 45); Galán (Javi Sánchez, min 62), Aketxe (Cartabia, min 62), Valle (Javi Sánchez, min 62); y Santos (Koné, min 38).

Goles: 0-1, min 46: Juan Antonio. 1-1, min 61: Valle.

Incidencias : Cheo no “Cantarrana” para ver o Depor. Saeu lesionado con molestias no talón de Aquiles, Crístian Santos.

 

PREME AQUÍ se queres ver o encontro en diferido.

 

TODA A PRETEMPADA DO DEPOR

Mércores 24 de xullo : Depor 2-0 Fabril, (Crístian Santos e Mujaid)

Sábado 27 de xullo : 19:00 horas, (17:00 GMT) : “Cantarrana”, (Viveiro), Deportivo 1-1 Racing de Ferrol

Mércores 31 de xullo : “Pasarón”, (Pontevedra), 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Tenerife; 22:00 horas, (20:00 GMT) : Pontevedra-Deportivo
Sábado 3 de agosto : “A Magdalena”, (Vilalba), Deportivo-SD Ponferradina
Sábado 10 de agosto : “Estadio de Riazor”, 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Real Betis.

Xa sabes que na canle de Youtube do clube, (rcdeportivo), podes ver os encontros en direto do equipo e logo en diferido, tamén nos nosos “Vídeos Recomendados”, así coma tódoloos que colga o RC Deportivo.

-Datos e foto de rcdeportivo.es-

 

 LOITO NO DEPORTIVISMO

No día de onde falecía Otero que fora porteiro do RC Deportivo disputando un totak de 143 encontros. Tiña 90 anos de idade, D.E.P.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies