DEPOR 1-1 ELXE : “Empate para iniciar nun Riazor triste”.

Depor 1-1 Elxe

Empet no encontro da volta a Riazor nun Riazor troste e deprimido, así coma cabreado pola ruptura ca Grada de General discriminada co resto de gradas. As camisetas de cor laranxa denunciando a “Cárecere” na que se converteu o grada de animación, estiveron en cantidade por todo o estadio, cxa que a pesares de que se esgotaron aos pouco de poñerse a venda, moitos afeccionados sacaron no seu eido camisetas laranxas para unirse a protesta.

Os cánticos de “Solución para Maratón”, e demáis chegaron no minuto 40 e ata o 45, así coma tras rematarse o encontro, para non afectarlle o equipo.

O Estadio durante o encontro foi un funeral o faltar a banda sonora desde fai décadas e que axudou a que moitas veces se remontasen encontros incribles. É preciso unha solución consensuada e recuperar a unión que sin ela as cousas poden tornarse moi mal e que o equipo sen o alento da afección se veña abaixo en intres puntuais importantes que dean vitorias ou puntos.

O encontro

Titubeantes  o primeiro e coma flans nos saques de curruncho e aí chegou a primeira deles con varios rexeites no área e duas intervencións felinas de Leo Román. Tamén pouido facer o primeiro Nsongo Bil o ver o meta deles adiantado e que tivo que lucirse para sacar o balón fora por enriba do longueiro. Pouco tardou en chegar o golazo da tarde, pase de Amatoucci desde a banda na liña do medio diagonal o vértice do area contraria, control con sutileza de Aubameyang e disparo ca outra perna cruzado imposible para o meta visitante.

Na segunda metade Jensen cun tiro desde o fondo buscando a cruceta contraria puido facer o segundo, pero non lle colleu rosca suficiente. O dominiio do balón foise facendo cada vez máis dos alicantinos e ata o punto de convertirse nun rondo. De tanto amasar chegaron duas seguidas con duas intervencións extraordinarias de Leo Román, pero a terceira e a saida dun corner chegaba o gol da igualda. Faltaba ese alento de Riazor e notouse que o equipo estivo uns minutos tocado co Elxe na prpcura do segundo. A saida de Mario Soriano non axudou moito, e o equipo notouno máis en falta cando quixeron ir a polo gol da vitoria.

Punto triste, en día triste e desde aquí pedimos como socios, como peña e como deportivistas : “Acercamento, chegar a solucións e unión”.

Depor : Leo Román; Altimira (Luismi Cruz, min 70), Ximo Navarro, Noubi, Ede, Quagliata; Soriano (Mella, min 70), Amatucci, Asp-Jensen (Villares, min 58); Aubameyang (Kevin, min 84) e Nsongo (Chouri, min 58).

Elche : Dituro; Buba, Affengruber, Redondo (Cepeda, min 58), Chust, Valera (Padilla, min 81); Aguado, Villar, Neto (Tete Morente, min 58); Ali Houary (Morcillo, min 81) e Fer Niño (Umaru, min 68). 

Goles: 1-0, min 21: Aubameyang. 1-1, min 76: Aguado.

Árbitro: Hernández Maeso (Comité extremeño). Amosou cartóns amarelos aos deportivistas Ximo (min 26), Mario Soriano (min 45+1), así como aos visitantes, Gonzalo Villar (min 67) e Umaru (min 87).

Incidencias : Encontro xogado no Estadio de Riazor ante 29.038 afeccionados da 1ª División Española na sua primeira xornada.

MANIFESTACIÓNS

Parece que houbo censura nas roldas de prensa proencontro xa que non se preguntou polo vivido ca afección.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”