DEPOR 1-0 UNIONISTAS : “PENÚLTIMO AMIGABLE DE ADESTRAMENTO”

Foto : RC Deportivo

 

DEPOR 1-0 UNIONISTAS

O Depor levouse o “XX Trofeo Ramón Losada” tras derrotar ao Unionistas de Salamanca por 1-0 nun encontro no que o terreo de xogo non estaba para moito toque e no que os salmantinos empregáronse a fondo e non se cortaron a hora de meter a perna. Na primeira metade o equipo deportivista con 8 fabrilistas no campo, puido deixar finiquitado o encontro pero foi na xogada menos pensada na que chegaba o gol. Un balón envenenado ao centro do área enviado do Javi Sánchez, que fixo un gran partido, era desviado por un central ao longueiro e no rexeite Crístian Santos, que retornaba o equipo trala sua lesión no “Talón de Aquiles”, facía o gol que sería o da vitoria.

Na segunda metade o Depor foi dono e señor do balón pero sen crear ocasións de gol, ante un rival ao que perder por pouco xa lle valía. Os trocos chegaron todos no minuto 73 agás, Borja Valle e David Simón, que entraron no 62 e incrementaron o dominio deportivista, pero non as ocasións de gol. Sí houbo moita chegada pero sen o derradeiro remate. Debutou co equipo David Simón que deixa atrás a lesión e o recén chegado Luis Ruiz que se lle veu moitas gañas. Koke Vegas xogou todo o encontro o que apunta a Dani Giménez como fixo no Teresa Herrera.

Depor : Koke Vegas; Valín, Bourdal, Mujaid, Vilá, Gandoy, Vicente Gómez, Gerard Valentín, David Sánchez, Javi Sánchez e Chrístian Santos.

Entraron na segunda metade : David Simón, Somma, Lampropoulos, Caballo, Bergantiños, Gaku Shibasaki, Ager Aketxe, Borja Galán, Borja Valle e Luis Ruiz.

O próximo amigable, xa derradeiro desta pretempada será no Teresa Herrera ante o Real Betis Balompié o Domingo 11 de Agosto a partires das 21:00 horas, (19:00 GMT), e antes o das rapazas.

 

TODA A PRETEMPADA DO DEPOR

Mércores 24 de xullo : Depor 2-0 Fabril, (Crístian Santos e Mujaid)

Sábado 27 de xullo : “Cantarrana”, (Viveiro), Depor 1-1 Racing de Ferrol, (Borja Valle)

Mércores 31 de xullo : “Pasarón”, (Pontevedra) : Deportivo 2-1 Tenerife; Pontevedra 0-0 Depor

Sábado 3 de agosto : “A Magdalena”, (Vilalba), Depor 1-0 SD Ponferradina, (Borja Valle de penalti)

Mércores 7 Agosto : “XX Trofeo Ramón Losada”, Campo “La Veigona”, (Luarca-Asturias) : Depor 1-0 Unionistas, (Salamanca), (Crístian Santos).

Sábado 10 de agosto : “Estadio de Riazor”, 21:00 horas, (19:00 GMT), “Trofeo Teresa Herrera” : Deportivo-Real Betis.

Xa sabes que na canle de Youtube do clube, (rcdeportivo), podes ver os encontros en direto do equipo e logo en diferido, tamén nos nosos “Vídeos Recomendados”, así coma tódolos que colga o RC Deportivo.

 

GOLEADORES DA PRETEMPADA

Borja Valle : 2

Crístian Santos : 2

Mujaid : 1

Aketxe : 1

Borja Galán : 1

 

GOLES RECIBIDOS

Koke Vegas : 2

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

 

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies