DEPOR 0-1 ALAVÉS : “ORGULLOSOS DOS NOSOS…O ALAVÉS SOMETIDO VIVEU DE 15 MINUTOS BOS NA 2ª METADE E ACABOU PEDINDO A HORA”.

 

Depor 0-1 Alavés

Moi ben o Depor na primeira metade que acabpu con máis do 60 minutos de posesión e chegadas deportivistas e con tan só unha chegada no 45 que Guidetti, (acabado para o fútbol), mandou un “agasallo”, o poste e pitido final. Keko Gpnrán fixo “carallo o can” dos alavesistas, pero faltoulle un socio, xa que Beauvue foi a mesma imaxe de Guidetti. Coincidenza que amos son “estrelas” do derradeiro equipo de Galicia.

Na segunda metade o Depor non lle perdeu a cara o encontro pero notou o cansanzo do traballo da primeira metade, pero o Alavés aproveitpu para ter varias chegadas e nunha na que Rolan se encheu de balón en vez de mandarlle o balón a Rui Costa no segundo pau con todo para marcar e mandou o balón o lateral da rede. Na seguinte os alavesistas facían o gol da vitoria por medio de Rioja.

Non se veu abaixo o equipo deportivista e buscou o empate, que mereceu, pero este non chegou, namentras na banda, Machín desgañitábase pedíndolle cabeza aos seus, moi encontra do que vendían e venden algúns de que non lles interesaba a Copa. O encontro rematou con todo o desconto, (3´), no campo alavesista e cun saque de curruncho ao que subeu a rematar Lucho García, que no millor intre dos de Álava, (66´0 78´). salvou un gol a bocaxarro.

Non se pasou, pero pareceu que o de categoría superior fose o Depor e que o Alavés, aproveitase un bo intre para levarse un inmerecido trunfo, xa que non foi superior no 75% do encontro e eso non da para decir que merecesen gañar, senón tería que decirse o contrario, sendo vanidosos, o máis xusto que esto fose a prórroga. A “mancha” do encontro foi a falla de remate a porta, a tenor da grande cantidade de chegadas, centros e pases entre liñas desaproveitados.

 

Depor: Lucho; Valín, Mujaid, Bóveda, Salva (Barba, 67′); Borges, Bergantiños; Keko (Rolan, 67′), Mosquera (Rui Costa, 60′), Lara (Héctor, 60′); Beauvue (Nacho, 60′).

Alavés: Sivera; Martín, Laguardia, Tachi, Marín; Tavares (Méndez, 86′), Pina (Battaglia, 82′), Manu García, Rioja; Guidetti (Sainz, 71′), Joselu (Deyverson, 86′).

Goles: 0-1, Rioja, (73´).

Árbitro: González Fuertes, colexio asturiano. De mal lembranza en Riazor polas suas chulerías e do malo que é. Amonestou a Manu Mosquera (48′) no Dépor e a Marín (31′) nos visitantes.

 

ROLDAS DE PRENSA POST ENCONTRO

 

 

 

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies