DEPOR 0-0 CASTILLA : A ESTE DEPOR SEGUE A FALTARLLE O GOL.

Noel xogou cáseque unha hora do encontro.

 

Depor 0-0 Castilla

O equipo de Borja Jiménez foi superior o Castilla de Raúl González, pero como pasoi nos encontros anteriores, agás o de Viveiro, onde o equipo viveirense practicamente non tiña ades6tramentos nen posta a punto, cóstalle moito perforar a porta contraria.

Hoxe foi dono e señor do encontro, ante un Castilla moi cativo en tódolos aspectos, pero non foi que de materializar ninguha das ocasións, nen as chegadas de perigo. Puxo bo xogo, verticalidade, desbirde e chegada, pero sen acerto.

Queda moito que pulir a falla de duas semanas para o comezo da competición, e fai falla que chegue xente resolutiva.

Depor : Mackay, Trilli (Jaime, min. 63), Lapeña, Borja Granero (Pablo Trigueros, min. 84), Aguirre, Diego Villares, Josep Calavera (Héctor Hernández, min. 75), Quiles (Miku, min. 66), Menudo (Álex Bergantiños, min. 46), William (Rafa de Vicente, min. 84) e Noel (Yeremay, min. 58)

RM Castilla : Luis López, David (Hugo Vallejo, min. 63), Peter, Gila, Pablo Ramón, Carrillo, Aranda (Jardí, min. 76), Morante (Edgar, min. 87), Latasa (Gudjohnsen, min. 46), Arribas (David González, min. 76) e Dotor

Árbitro : Gómez Lameiro (c. Galego). Amoestou a Dotor (min. 44) e Carrillo (min. 90)

Incidencias : partido amigable disputado no Estadio de Riazor con aforamento limitado a 5.000 espectadores.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies