DENDE MAÑÁN MÉRCORES A VENDA AS ENTRADAS PARA O BERGANTIÑOS CF-DEPOR DO SÁBADO 4 DE OUTUBRO NAS “EIROAS”.

 

Desde mañá ata o venres 2 de outubro, os socios do Bergantiños CF poderán retirar, en horario de 19:30 a 21:00 horas, a un prezo de 10 euros, as entradas para o partido amigable que disputarán o sábado 3 de Outubro nas Eiroas, ás 19:00 horas, o Bergantiños CF e o Deportivo da Coruña.

Os abonados deberán retirar a súa localidade no despacho de billetes do Municipal, para o que é obrigatorio presentar o carnet de socio da pasada temporada e o DNI. 

O aforo estará limitado polos protocolos relacionados coa COVID-19, pero no caso de que queden entradas dispoñibles, o sábado abrirán tamén a billeteira ás 18:00 horas, para os socios que non tiveron oportunidade de adquirir a entrada anticipada. e ás 18:30 horas, para todos os afeccionados. Nos próximos días, o clube carballés comunicaranos o prezo destas entradas para os non abonados.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Bergantiños CF.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies