DENDE ESTE MÉRCORES O BERGANTIÑOS CF RETRASMITIRÁ OS SEUS ENCONTROS NAS SUAS REDES SOCIAIS.

 

Segundo nos informan dende o Bergantiños CF, dende este mércores 24 de Febreiro o clube retrasmitirá pola sua canle de YouTube e a de Facebook os encontros do equipo.

Este mércores o primeiro equipo enfrontarase nas Eiroas ao CD As Pontes dende ás 19:30 horas. Encontro correspondente a 16ª xornada, adiado no seu día por positivos en COVID-19 e no que os carballeses tras derrotar a pasada fin de semana ao UD Somozas, poden poñer ainda máis terra de por medio na loita polo título de liga, tras poñerse a 4 puntos do UD Somozas o derrotalo e a 8 do Polvorín CF, (3º), cun encontro menos ca ambos, o deste mércores, que poderemos seguir en direto con tan só un “click” en “Suscribirme” na canle de YouTube bergantiñista : Bergantiños FC – Escolas Luis Calvo Sanz.

-Foto : Captura de pantalla

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies