Estamos de loito, día triste, de amargura, de desasosego…Non hai verbas para falar quen foi Arsenio Iglesias, o máis grande do fútbol galego. Fíxoo todo aquí, como xogador, como adestrador e como persoa.
Tan pronto me chegou a noticia, tristura, e moitos recordos, con él e dél. Xantares en Muxía, tristura cando silbaban os deTribuna, e a ledicia de levantar o primeiro título nacional do fútbol para Galicia, dende un equipo de provincias, e unha liga que lle roubaron, tal como se sabe do “Caso Negreira”. Moitos trunfos e tristuras compartidas, e a satisfacción de ser un dos nosos, antes, despois e para sempre.
O noso pésame e tódolos ánimos para a familia, amigos e todo o deportivismo.
Deixanos o MAÍS GRANDE…D.EP.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”