DEIXOUNOS, LISARDO, O EMPREGADO CON MÁIS ANOS NO RC DEPORTIVO.

Lisardo, (centro), levando 2 Teresa Herrera no 1962.

 

Deixounos no día de onte aos 83 anos de idade, Lisardo Méndez Iglesias (A Coruña, 1 de abril de 1938), traballador do RC Deportivo entre 1950 e 2003.

Lisardo xubilouse o 1 de abril de 2003 despois de máis de medio século traballando no RC Deportivo na área administrativa, sendo o empregado máis lonxevo que tivo o club nos seus 115 anos de historia.

Méndez cumpriu case 53 anos traballando no Club, posto que a súa incorporación produciuse o 12 de agosto de 1950, era xunto con José Manuel Barbeito, que o ano pasado sufreu un ictus, do que se recuperou ben, e que este mesmo ano producía baixa no clube, os empregados máis lonxevos no clube, con máis de medio século.

O noso máis sentido pésame a familia e amigos de Lisardo, co que pasamos moitas mañáns e veladas xuntos.

-Foto : Alberto Muñiz Pallares

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies