Decepción no Porteño na ida da promoción de ascenso

3ª DA COSTA
-PROMOCIÓN DE ASCENSO-

Decepción no Porteño na ida da promoción de ascenso.
Porteño 1-2 SD Castríz

-Os xalleiros toman ventaxe na ida da final da promoción de ascenso-

 
Tal e como vos adiantábamos na previa o CF Porteño e SD Castríz xogábanse na “Grixa”a ida da promoción de ascenso a Liga da Costa 2019/20. Unha final a dobre encontro na que non hai volta de folla. O que salga vencedor será novo equipo da “raiña” das ligas costeiras. Neste primeiro envite foron os xalleiros os que levan a ventaxe tras gañar por 1-2 un choque bronco, de auténtico fútbol da costa, aguerrido e sen dar un balón, nen unha pugna por perdida. Adiantouse o equipo de San Pedro de Castríz aos 41 minutos de xogo cun tanto de Adrián. Un gol que sentou mal os porteños que na segunda metade tiñan que ir polo empate, pero o que chegaba era na segunda metade o segundo tanto, obra do “killer”, Sebas, (61´). Co 0-2 os xalleiros defendéronse con unllas e dentes e conseguía a lo menos recurtar ventaxe cun tanto de Javi Antelo, (76´). Non chegaría o da igualada e agora para a vindeira semana son os xalleiros no seu féudo os que teñen a ventaxe, chegándolles unha igualada para ascender . Abre a nova o completo para ver máis información.
CF Porteño 1-2 SD Castríz
 
Campo : “A Grixa”
Hora : 17:00
Árbitro : Óscar Santos, (Comité da Costa da Morte)
Asistentes : José Ageites e Lucas Vicente, (Ambos do Comité da Costa da Morte)
Resultados na liga : na Ponte do Porto, 1-0 en Castríz 4-0
 
Goles : 0-1, Adriá; 0-2, Sebas, (61´); 1-2, Javi Antelo, (76´).
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-