DEBÚT HISTÓRICO DO UC CEE FEMININO NA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3 GOLEANDO O CD BAMIO, (7-1).

UC Cee Feminino 2019/20

1ª Xornada da 2ª División Galega Feminina G3 histórica para o UC Cee por varios motivos. Era o seu primeiro encontro oficial como equipo federado, primeiro encontro destas características no “San Paio de Refoxos”, e primeira vitoria como equipo federado. Lucía Canosa que foi a primeira goleadora do equipo marcando o primeiro gol oficial do equipo no minuto 13 ante o CD Bamio, (primeiro rival oficial), fixo outros 3 goles máis e pasa a hitoria como primeira goleadora e encabezando a táboa xeral de goledoras con 4. Os outros goles foron obra de Lucía Martínez, (2), e María Lijó. O equipo ceense foi un equipo que “luceu”.

 

UC CEE 7-1 CD BAMIO

Muchi, (Adestrador do UC Cee Feminino) : “Comezaba a competición o equipo feminino do Cee como local ante o Bamio. E comezou o partido mandando, tendo Uxía e Lucía dúas claras ocasións aproveitandose da sua velocidade que se lles van fóra e desbarata a porteira visitante.

Era a antesala do primeiro gol, obra de Lucía Canosa que tivo unha espléndida mañá.

A pesares de que o dominio local iba en aumento, un córner permitíu ao Bamio igualar a contenda.

Pero a dinámica do partido non cambiaría e as ceenses, sacudidas xa do nerviosismo inicial, puxeron terra de por medio antes do descanso con dous tantos de Lucía Martínez en dúas boas xogadas combinativas.

Mesmo guión na segunda parte e co vento a favor, xa houbo un só dominador. O Cee, que durante todo o partido foi dominador e deixou unha gran imaxe, seguiría anotando goles, e Lucía Canosa completaría un hat-trick previo a un golazo de María Lijo dende fóra da área.

A puntilla sería de novo obra da muxiana Lucía Canosa, completando un póker de goles e cerrando ela mesma un marcador do que tivo moito protagonismo.

Non fixeron máis sangue as ceenses que esta semana desprazaranse a Carreira na segunda xornada da competición”.

FICHA TÉCNICA

 

-Crónica de Muchi para piratasdemuxia.es

-Foto equipo : UC Cee

-Ficha Técnica RFGF-piratasdemuxia.es

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies