Os xogadores queren que deixe Caamaño.
Xuntanza de xogadores e socios do SCD Buño hoxe polo futuro do clube
Hoxe a partires das 21:00 horas varios xogadores do SCD Buño, (a maioría segundo nos din nunha emitiva), convocaron para hoxe venres 14 de Xuño unha xuntanza con tódolos socios do clube para tratar sobre o futuro do mesmo. Segundo nos comentan : “A xuntanza é para informar aos socios de como está o panorama no club. Pedímoslle ao presidente que convocase a asamblea de socios, pero nin o fixo nen o vai facer”. Segundo os xogadores que xa informaron do que pensaban nun comunicado : “de non haber troco de presidente abandonaremos todos o equipo”.
Parece que como o ano pasado as cousas volven a estar convulsas. Comezou o SCD Buño co troco de declaracións antre Pablo Mallón que ía ser o adestrador e o presidente Caamaño, que fichaba o carballés Torrila, que pouco durou e foi sustituido por Chema Rivadulla, que durou menos para o final coller as rendas do equipo Tito Pedreira, que a pesares de non contar con xogadores, aos abandoar o clube ata 7 de golpe, consigueu salvar a categoría con moito mérito. Agora sonos xogadores os que queren tomar as rendas.
Hoxe queren facerse oir : “xa que o presidente non nos quixo nen oir”, e para eso convocan esta xuntanza cos socios e veciños de Buño.
Tamén nos din que : “Polos estatutos a asemblea de socios é obrigatorio convocala”. Agora a decisión de se segue ou non é do propio presidente que ten 3 anos máis de mandato dos 4 que recollen os estatutos do clube.
Email para aludidos : admin@piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es