DE LA BARRERA “CONTESTA” POR MEDIO DE PERSOAS DO SEU ENTORNO E DESMINTE A VERSIÓN DO CLUBE.

 

De novo La Voz de Galicia, como xa o fixera na contratación de De la Barrera, e onte cas manifestacións por parte do clube, adianta hoxe unha contestación do adestrador coruñés, pero que parece ser dunha persoa do seu entorno.

De la Barrera parece ser que avisou a David Villasuso, dunha entrevista con Luis Helguera, (director deportivo do UD Las Palmas), na Coruña, antes de que se levara a cabo e o que se falou na mesma, pero que non houbo ningunha oferta do club canario, nen contraoferta o RC Deportivo.

“Houbo unha reunión con Luís Helguera, na que non houbo unha oferta e, por tanto, tampouco unha contraoferta”, di La Voz de Galicia, que completa o da xuntanza dicindo que : “Unha vez que Luís Helguera, con quen Rubén mantén unha moi boa relacion profesional, chámao para dicirlle se se poden ver, Rubén informa ao Deportivo. Di que el sempre atendeu a todo o mundo e que quere facer o mesmo nesta ocasión. Non atopa impedimento algún por parte da entidade branquiazul. Nesa reunión do xoves, o director deportivo do As Palmas explícalle o ambicioso proxecto que ten para a próxima tempada e trasládalle que o seu perfil resulta interesante dentro desa idea. Con todo, Rubén déixalle claro que está no Deportivo, un club que significa moito, tanto no mundo do fútbol como para el a nivel persoal como coruñés. E remarca que ten unha opción de seguir na Coruña, que implica varios anos e certa responsabilidade no proxecto. El agradécelle a súa visita, e acláralle que a súa intención é, se chega a un acordo, seguir na Coruña”, e di o xornal coruñés que o adestrador pasoulle a información a Villasuso e díxolle que lle : “Presente xa unha oferta concreta para o luns reunirse, negociar e, para ben ou para mal, pechar co Deportivo”.

A isto Villasuso que mantivera unha xuntanza o pasado venres con Rubén, na que se quedara de avanzar na ampliación de contrato, e de cousas da pretempada, dille o director deportivo deportivista ao adestrador que lles chegou unha información do presidente do UD Las Palmas e que : “houbo unha reunión do consello e que se decidiu retirarlle a oferta de renovación”…”Pero é que esa oferta non existía, por outra banda”, di segundo La Voz, o achegado a De la Barrera que fai de interlocutor.

Acaba decindo o xornal coruñés en boca do achegado de De la Barrera, o adestrador : “Lamenta a situación, non poder seguir vinculado ao club e, sempre deixando claro que o seu enfado non é co Deportivo, ao que nunca criticará nin tentará debilitar”, e que : “non consente que ninguén poña en dúbida o seu grao de compromiso, que demostrou desde o primeiro día, aceptando incluso unha proposta en xaneiro que non aceptaría en calquera outro club”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/La Voz de Galicia