Segundo nos informan dende o Bergantiños CF, David Yáñez, é o novo adestrador de porteiros do primeiro equipo. Avalado por José Luis Lemos, Yáñez, (A Coruña, 37 anos), volve ás Eiroas, onde defendeu a meta do Bergantiños durante tres temporadas, de 2009 a 2012.
“Estou encantado de regresar á que foi a miña casa durante case catro años para aportar o meu gran de area e acadar os obxectivos aos que aspira o club”, declarou David na sua volta a parroquia bergantIñá.
Alejandro Tari para a dianteira
No día de onte tamén chegaba ao clube carballés, Alejandro Tarí reforza a dianteira do Bergantiños. Tarí (Alacant, 1997) chega ás Eiroas procedente do Hércules C.F., o club onde se formou e onde na última campaña alternou aparicións no
primeiro equipo e no filial, logo de estar cedido no Ontinyent C.F. (2ª B) e no Club Portugalete (3ª
división) na temporada 2018-19. Tarí, un xogador de indiscultible nivel que seguro dará moito que falar na Terceira galega, é un futbolista moi técnico, con gran capacidade para asociarase, bo xogo de costas, bo remate de
cabeza, incansable traballador e con moito gol. “Estou moi feliz de formar parte de este equipo”, declarou, “con moitas ganas de devolver a tremenda confianza que o Bergantiños puxo en min”.
-Foto e Texto : Bergantiños CF