DAVID SIMÓN TERÁ QUE PASAR POR QUIRÓFANO E MICHELE SOMMA VE A LUZ NO TÚNEL.

Somma caeu lesionado en Huesca no segundo encontro de liga.

 

Cara e cruz nas novas sobre a zona defensiva do Depor. O final e tal como decíamos o ano pasado trala primeira “estocada” do pubis de David Simón, terá que pasar por quirófano, (o clube ainda non o confirmou), segundo nos comenta unha persoa próxima os galenos deportivistas. Xa o decíamos daquela tendo en conta os numerosos viaxes, fisioterapias, menciñas alternas, etc, que tivo que pasar Fran cando sufreu esta lesión e o único que facía era perderse partidos e alongar o problema, que nen con viaxes a Inglaterra a tratamentos imnovadores.

Agora é David Simón o que leva toda a tempada, e parte da pasada, de baixa con tratamentos para paliar a pubálxia, (só xogou en 3 encontros). Unha intervención  que se vía vir, trala recaida.

Esta semana a cousa no lateral dereito agrávase, pois Eneko Bóveda será baixa por acumulación de cartóns, polo que ou a reconversión de Borja Galán, ou a entrada do fabrilista Valín, nesta demarcación, que é a sua no filial.

A cara das novas na zaga deportivista, traina, Michele Somma, e xa non é sen tempo, pois lesionouse a finais de Agosto, e todo foi un secretismo. Un xove do que Natxo González falaba marabillas, que ata : “me doe ter que deixalo sen xogar”, xa que tiña a Duarte e Marí, que chegaron sendo uns descoñecidos e agora todo mundo os bota de menos. 

O central italiano, sempre amosou moi boas maneiras, cos seus erros, máis e menos graves, pero amosouse como que ía ser o “kaiser” da defensa este ano. Unha escordadura de xeonllo, que cáseque se convirteu en “embarazo”, parece que toca o seu fin, e Luis César xa deixou entrever a pasada semana que esta semana estaría co grupo, que comezaba a adestrar na tarde de hoxe luns.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies