David Simón será baixa ata fin de ano.
Segundo nos informan dende o RC Deportivo : “David Simón foi intervido cirurxicamente esta noite no CUF Porto Hospital dun cadro pubálxico que o mantén á marxe dos adestramentos de grupo. A intervención, finalizada con éxito, foi realizada polo Dr. Carlos Magalhaes, que estivo acompañado polo doutor Ramón Barral e o fisioterapeuta do Club Daniel Varela. David Simón permanecerá ingresado esta noite e, salvo novidade, regresará á Coruña mañá mércores, para iniciar o seu proceso de recuperación”.
Unha operación de pubalxia ten uns primeiros 15 días nos que non se poden facer esforzos e tralos cales se pode comezar coa vída normal. No caso dun deportista ten un prazo de antre mes e mes e medio para poder volver a estar en condicións de facer actividades deportivas a pleno nivel.
-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo
-Foto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.