DAVID SIMÓN DESPÍDESE E VAISE O FC CARTAGENA.

 

David Simón despedíase de onte do RC Deportivo, da afección e da Coruña e hoxe mesmo o FC Cartagena anunciaba a sua fichaxe por unha tempada. O lateral dereito canario, que acabou a tempada a un gran nivel, tras duas tempadas no clube branquiazul, 

Rematou contrato e quedou libre polo que o RC Deportivo non recibirá contraprestación ningunha sobre un xogador que viña recuperando o seu nivel inicial tras unha grave lesión de xeonllo que o mantivo moitos meses no dique seco.

O Depor queda agora no lateral dereito con Eneko Bóveda, Valín e Gerard Valentín que retorna trala sua cesión o CD Lugo.

No eido de fichaxes hai 3 frontes abertos, Celso Borges que podería ser anunciado antre hoxe e mañán, Elady Zorrilla, que busca recalar na Coruña, pero ten un ano de contrato co FC Cartagena e Borja Granero que podería chegar do UD Extremadura. Tamén se está en conversas con Claudio Beauvou, que ten interese en continuar. Non así Gaku Shibasaki que se alonxa, en principio, pola sua alta ficha.

Boas boas novas para Michele Somma que xa comezou a adestrar co grupo, e tamén para a xogadora do Deportivo Feminino, Peke que foi convocada pola Selección Española Absoluta.

 

-Fotos : FC Cartagena/David Simón

-Texto : piratasdemuxia