DAVID MELLA VIAXA A CHILE E ESTO É O QUE LLE ESPERA NO MUNDIAL SUB 2O CA SELECCIÓN ESPAÑOLA.

David Mella se enfrenta mañana a Turquía con la selección española sub-18 |  RCDeportivo | Página Oficial del RC Deportivo de La CoruñaDavid Mella viaxou a Chile ca Sub-20

O deportivista David Mella xa se atopa en Chile, onde participará co combinado estatal no Mundial Sub-20. Chega ao torneo tras unha exhibición co Dépor ante o Huesca, encontro no que asinou dous dos catro goles branquiazuis. Agora, cambiará a camiseta herculina pola vermella para defender á Selección Española.

Calendario da Selección Española Sub-20 no Mundial de Chile 2025
  • Marruecos – España
     Domingo 28 de setembro
     16:00 hora local (Chile) | 21:00 hora peninsular
     Estadio Nacional, Santiago de Chile
  • España – México
    Mércores 1 de outubro
    16:00 hora local (Chile) | 21:00 hora peninsular
     Estadio Nacional, Santiago de Chile
  • España – Brasil
     Sábado 4 de outubro
     16:00 hora local (Chile) | 21:00 hora peninsular
    Estadio Nacional, Santiago de Chile

Datas do Mundial Sub-20 Chile 2025

O torneo disputarase entre o 27 de setembro e o 19 de outubro de 2025, día da final. Isto significa que, no caso de que España chegase ao partido decisivo, David Mella permanecería coa Selección até o 19 de outubro, alongando a súa ausencia do Dépor durante preto de tres semanas.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”