O peche da Temporada 2022-2023 deixa unha serie de cifras que volven deixar patente o gran respaldo que sustenta ao Real Club Deportivo, personalizado especialmente nas súas socias e socios, #ANOSAFORZA que empuxa con forza os 365 días do ano, ano tras ano.
Dous datos plasman principalmente o incomparable apoio do Deportivismo ao seu equipo e ao Club.
O primeiro, o número total de abonados (25.556), de novo marca histórica da terceira categoría do fútbol español e cifra que supera a 32 dos 42 equipos de Primeira e Segunda División. O segundo, o enorme número de altas (6.985), a maior cifra dos últimos 20 anos.

Na distribución por xénero das 25.556 persoas abonadas, 5.551 das mesmas son mulleres, é dicir, o 21,7 %, o que supón un aumento do 3 % desde fai dúas campañas e alcanza practicamente a cuarta parte da masa social. Os homes suman 19.195, ou o que é o mesmo, exactamente tres cuartas partes (75,1 %), mentres que o 3,2 % restante corresponde a 483 empresas, 217 peñas e 109 mascotas.

A pesar de que o uso das novas tecnoloxías xa non foi obrigatorio para a xestión dos carnés unha vez superada a pandemia de COVID-19, a tramitación de abonos online superou á presencial. Foron despachados online 12.963 carnés (50,7 %) mentres que pola OAD pasáronse 10.751 abonados (42 %). O irrisorio porcentaxe restante divídese entre transferencia (3,7 %), financiamento (0,6 %) e domiciliación (0,4 %).

Pabellón foi a bancada con maior número de socios, 7.641 e a de maior porcentaxe de ocupación, cun 91 %, por diante dos 7.251 e 79,9 % de Marathón. O sector con maior cantidade de abonados e con maior porcentaxe de ocupación é Marathón Inferior, con 3.999 socios e un 96,9 %.

En canto á idade dos abonados, houbo un cambio de tendencia, pois os adolescentes adiantaron a treintañeros e cuarentañeros. As 5 idades con maior número de socios son dos 14 aos 18 anos, sendo a maior os 15 anos, con 539, por diante dos 14 (532), 16 (521), 17 (504) e 18 (478). A sexta posición é para os de 41 anos, con 472 abonados.

A antigüidade das persoas socias tamén deixa datos impactantes, como o feito de que 9.150 persoas (35,8 %) superen os 10 anos consecutivos como abonados e que 4.038 (15,8 %) leven máis dun cuarto de século de apoio continuo e incondicional ao Club.
-Fotos e datos : rcdeportivo.es