DATAS E HORARIOS DOS ENCONTROS QUE FORAN ADIADOS E QUE SE VAN A XOGAR DURANTE ESTE ENTROIDO DA LIGA DA COSTA NOS SEUS DOUS GRUPOS E DA 3ª DA COSTA.

 

Sporting Seaia e SD Camelle xogan hoxe venres.

 

A RFGF informaba aos clubes que teñen aprazados encontros por causa da pandemia que día deberían xogar ditos encontros. Logo os clubes puxéronse dacordo no día e na hora a disputar ditos encontros, e aquí vos traemos xa o listado completo con tódalos enfrontamentos, datas e horarios. 

Na Liga da Costa son 4 encontros no Grupo 1A e 5 choques no Grupo 1B, dos que no día de onte se xogaba o SCD Malpica-SD Coristanco, que remataba co resultado de empate a uns, (1-1). Marcaba polos da Terra da pataca, Jonathan aos 49 minutos de xogo e empataba para os malpicáns Andi no 76´. O resto de encontros adiados xogaranse antre mañán venres e o día 10 de Marzal. O que máis duro ten esta serie de encontros é o SD Castríz, que deberá xogar 3 choques. 

Na 3º da Costa, eran 4 os encontros que había adiados dos que se xogou un, quedan por xogarse un total de 3 choques. O SD Camelle o máis perxudicado nesta liga pola pandemia, con 3 choques, xa xogou un o pasado venres, ante o SD Ameixenda, (1-1), hoxe visita ao Sporting seaia CF, e o Domingo recibe no “Rodeiro” ao Atlético Pereiriña FC. 

 

Listado de encontros

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia