DANIEL AMIGO, O MÁIS XOVE EN GAÑAR UN TORNEO DE TRUCO PARA ADULTOS NA ZONA.

Neste tempo son moi típicos os torneos do truco polos bares da zona e nalgúns sitios e a típica partida de amigos de cada semana. É un xogo no que priva a memoria para saber as cartas que van saindo, a intelixencia a hora de xogar as cartas e sabendo o que leva o compañeiro polas señas que se comparten e de picardía a hora de saber ir de farol e que non che collan.

A pasada semana xogouse o Torneo de Truco do Bar Plaza de Quintáns, un dos fortes no circuito da zona. Un total de 32 parellas disputáronse os trofeos. Xogadores veteranos e contrastados de diferentes pobos ´deronse cita nos dous días do torneo, pero antre eles sobresaeu un rapáz de Os Muiños, (Muxía), de tan só 15 anos, Daniel Amigo, que formou parella co seu tío, Ánxo Lema. Esta parella foi derrotando adversarios ata meterse na finalísima na que tiñan en fronte a dous expertos xogadores, o Garabito da Ponte e Ramón Eirín de Muxía.

Nunha disputadísima final Ánxo e Daniel leváronse o trofeo de campións da 37ª edición do Torneo do Bar Plaza e neste mundo do xogo da baraxa Dani converteuse no máis xove en gañalo.

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies