Dani Giménez xogador “Top” do Depor non só por haber xogado tódolos encontros de liga do equipo e ser o mellor xogador da plantilla o ano pasado, senón que por ser o mellor xogador a hora de falar sen tópicos a hora de pasar por rolda de prensa, decindo as cousas o “pan, pan e o viño, viño”, pasou pola sua primeira rolda de prensa dista tempada e dixo que este ano : “Temos un equipo diferente e eu espero que mellor porque a única maneira de que consigamos o obxectivo é, sen dúbida, ser mellor que o ano pasado”.
É conscente de que se foron 5 dos mellores xogadores da pasada campaña, (Quique, Edu, Martí, Duarte e Carlos”, e a tempada pasada : “Cando faltaba un xogador resentiámonos demasiado e estamos a traballar que todos saibamos facer as cousas de forma sinxela e simple, pero efectiva. Todos os xogadores que quedamos do ano pasado temos unha espiña moi grande que nos vale como acicate”.
Falou Dani un pouco do que está a ser esta pretempada que acaba o vindeiro Domingo no Teresa Herrera ante o seu ex equipo o Betis do que cré que : “Está a facer as cousas moi ben, e ten variantes de xogo que vai ser moi boas para nós. A calidade do Betis non a imos a atopar en Segunda, ten futbolistas rápidos, con calidade e fortes ao contraataque e poñerannos contra as cordas durante moitos minutos. Iso é o que queremos”.
Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es