Dani García seguirá no primeiro equipo senior e levando o cadete feminino do UD Cerqueda.

Dani García, o “home para todo” do UD Cerqueda seguirá un ano máis no primeiro equipo senior e levando na vindeira tempada o equipo cadete feminino do clube cerquedense que preside Jorge Ardeira, e que a pasada semana renobaba ao adestrador do equipo senior, Adrián “Gurita” tras unha gran campaña, a pasada, na Liga da Costa na que tras meterse na promoción loitou ata a eliminatoria final na que quedou sen ascenso tras caer ante o UC Cee.

Dani García xogador do primeiro equipo fixo de todo no clube do seu pobo, desde xogador a adestrador, presidente e o que faga falta.

Dani García con Jorge Ardeira.

Por todo o que representa Dani co clube o presidente decíanos que “Por adicar media vida o club dando o 100%, por ser un referente tanto no fútbol base coma no feminino, por arrimar sempre o hombro nas boas pero moito máis nas malas, queremos darlle as gracias e rendirlle esta pequena homenaxe. Decir U.D. Cerqueda sen asocialo con Dani é imposible…Gracias Dani”.

AVISO IMPORTANTE

“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os orgañizadors, clubes, afeccionados, socios, etc…nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos, para evitar o de que se poñemos uns e outros non.

Podedes mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.

-Foto : Prensa UD Cerqueda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”