DANI BARCIA RENOVA ATA 2028.

Unha moi boa nova, o canteirán Dani Barcia renova ata 2028, un novo bo movemento da dirección deportiva, que moitas veces é criticada polos de sempre pero que está a facer un excelente traballo amarrando xogadores de futuro, e alúns que xa o son de presente.

Daniel Barcia Rama ‘Dani Barcia’ (19 de xaneiro de 2003, A Coruña) renova co Deportivo até xuño de 2028, con opción a unha temporada máis.

O central coruñés chegou ao Dépor na temporada 2011-12, formouse desde o primeiro ano de benxamíns en Abegondo e pasou por todas as categorías inferiores do Club. Debutou en partido oficial co primeiro equipo en Guijuelo, con motivo da Copa del Rey da temporada 2022-23.

Dani Barcia, un dos integrantes do xa histórico Xuvenil A campión de España e posteriormente participante na UEFA Youth League, suma 28 partidos oficiais co primeiro equipo, repartidos en LaLiga Hypermotion (11 partidos), Primera Federación (12 partidos), Copa del Rey (3 partidos) e Fase de Ascenso a LaLiga Hypermotion (2 partidos). Ademais, foi internacional coa Selección española Sub-19 en 6 ocasións.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies