CÚMPRENSE OS MALOS AUGURIOS CON XIMO NAVARRO QUE TERÁ QUE PARAR VARIOS MESES.

Cumpríronse os peores augurios para Ximo Navarro que foi sometido a probas médicas para coñecer o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a pedir o cambio na segunda metade do partido ante a UD Almería o pasado sábado en Riazor e ao que máis e o que menos xa se lle xeou a sangue o ver como pedía o troco e poñía unha cara de circunstancias o haber sentido algo na sua coxa esquerda. Xogador veterano xa soubo ao instante que aquelo non pintaba ben e así foi, xa que ainda que o clube no parte médico non di o alcance da lesión, fontes que din ser “próximas” o xogador falan de antre 3 e 4 de meses, polo que xa se trataría dunha rotura.

O xogador mira cara adiante despois do vivido desde o tramno final da tempada pasada e día que vai : “voltar con máis forza como o fixen sempre”.

Segundo os Servizos Médicos do RC Deportivo que confirmaron “unha lesión en tendón proximal da musculatura isquiotibial da súa perna esquerda. O futbolista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de iniciar a súa fase de readaptación física baixo a supervisión do readaptador, Nando Rodríguez. A evolución marcará o seu regreso aos adestramentos co grupo”.

Que é unha lesión en tendón proximal da musculatura isquiotibial?

  • Musculatura isquiotibial: son tres músculos que van pola parte de atrás da coxa, (o bíceps femoral, o semitendinoso e o semimembranoso).

  • Tendón proximal: é a parte superior do tendón, onde o músculo se insire no óso, preto do glúteo.

  • Lesión: pode ser unha inflamación (tendinopatía), unha rotura parcial ou, nos casos máis graves, unha rotura completa do tendón.

Recuperación dependendo da gravidade.

  • Nunha tendinopatía leve, pode resolverse en 2–4 semanas con descanso e fisioterapia.

  • Nunha rotura parcial, o tempo pode alongarse ata 6–8 semanas.

  • E unha rotura completa pode requirir intervención cirúrxica e varios meses de recuperación.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : RC Deportivo/Xosé Búa “Pirata”