CÚMPLENSE OS MALOS AUGURIOS…MELLA PASARÁ POR QUIRÓFANO E DI ADEUS A TEMPADA.

Trala entrada recibida no área nunha pugna antre dous no Depor-Granada de fai duas xornadas, David Mella tivo que pedir o troco saindo cunha ostensible coxeira con problemas para apoiar no xeonllo. O primeiro diagnosticouselle un edema óseo pero o baixar a inflamación a cousa parecía máis garve e tralas observacións no día de onte polo prestixioso médico galego Manuel Leyes a diagnose foi grave, rotura do ligamento esquerdo do xeonllo, polo que trala operación que será no día de hoxe, Mella será baixa para o que resta de tempada. Dependendo do grao terá por diante en torno aos 3-4 meses.

Así o comunicaba o RC Deportivo :

“O xogador do RC Deportivo David Mella foi valorado este martes 17 de marzo polo doutor Manuel Leyes da lesión no seu xeonllo esquerdo sufrida no encontro ante o Granada CF disputado en ABANCA-RIAZOR.

Após a exploración do prestixioso traumatólogo e de acordo cos Servizos Médicos do club, o futbolista será intervido cirurxicamente no Centro Médico Olympia de Madrid dunha lesión no ligamento lateral externo.

A operación está programada para este mércores 18 de marzo. Unha vez reciba o alta hospitalaria, David Mella regresará á Coruña para iniciar a súa recuperación”.

O noso desexo de que todo lle vaia de maneira satisfactoria a David Mella e que pronto esté de novo con todos nós e que cando volva, se o fai na vindeira tempada, que sexa para velo xogando en Primeira como é o seu maior desexo.

Falece Juan Hermida es fisio do Depor

No día de onte tamén nos deixaba un gran deportivista e liceista, Juan Hermida, (90 anos), ao que tivemos o pracer de coñecer e que xunto con José Manuel Barbeito e Leandro, é dos empregados máis lonxevos do RC Deportivo na sua historia, os dous primeiros 50 anos e él 47. Fíxoo como fisioterapeuta do equipo en duas ocasións e tamén compaxinou esta labor co Liceo HC. O noso máis senrido pésame a sua familia e amigos…D.E.P.

.

-Foto : RC Deportivo

-Texto . Xosé Búa “Pirata”