“Cubramos Muxía de forza” unha iniciativa para os muxiáns dende o Concello de Muxía para este domingo 5 de Abril o medio día..

 

Bonita iniciativa a que nos propoñen dende o Concello de Muxía para este vindeiro Domingo 5 de Abril. Dende o consitorio da Vila da Barca propoñen a veciñanza que saia aos balcóns, fiestras, gardillas, etc con carteis e pancartas de ánimo para derrotar dun xeito anímico ao Coronavirus. O acto será ás 12:00 horas e prégase o apoio de todos en especial dos máis cativos que poderán ir facendo os seus murais para despregar contra esta nova lacra que está a levar a moitos dos nosos, amigos, familiares ou veciños, para o que escolleron o slogan : “Non hai #Coronavirus que poida co noso ánimo”.

 

-Foto : Departamento de prensa do Concello de Muxía.

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.