CUARTA VITORIA CONSECUTIVA DO FISOBER FSF NA 4ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA FSF

As fisoberistas camiño do vestiarios.

 

As Barxas Moaña FS 1-5 Fisober FSF

MOAÑA: Marta, Ruth, Lidia, Claudia, Alba, (cinco inicial), Aroa, Clau, Paula, Doaa, Alex, María, Raque.

FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Ana, Barca, (cinco inicial), Paula Fandiño, Nuriña, Myrella, Saray, Andrea.

ÁRBITROS: Francisco Diaz, Xabier Aragón.

GOLES: 1-0 min 4 Alba, 1-1 min 15 Andrea, 1-2 min 16 Adriana, ( descanso) , 1-3 min 26 Barca, 1-4 min 31 propia porta, 1-5 min 35 Patri.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a cuarta xornada de liga Autonómica – Preferente Galicia disputado na tarde do sábado no P. O Rosal de Moaña.

 

 

CRÓNICA

O Fisober logrou un novo triunfo despois de remontar un gol local e sigue a sumar os seus encontros por triunfos na competición.

Saiu a pista o conxunto visitante moi espeso e aínda que dominaba o partido e tiña ocasións non as concretaba.

Os catro minutos unha contra local era rematada por Alba para poñer en vantaxe as locais na súa primeira saída.

As costeiras seguiron co seu dominio pero sen acerto. Ata que no minuto quince Andrea facía a igualada.

E sen case tempo para celebralo, un minuto despois era Adriana a que poñía as costeiras por diante.

Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

A volta de vestiarios todo continuou igual con dominio do Fisober e cas locais intentando saír a contra.

No minuto 26 Barca facía o terceiro gol para as costeiras o que lles dou xa tranquilidade. Despois mediada a segunda metade un gol en propia porta desfacía totalmente o partido.

Patri pechaba o resultado a cinco para o fin, co un a cinco definitivo.

A vindeira semana chega a Dumbría o Fervenza un recén descendido de Segunda División.

-Fotos e Texto :  Prensa Fisober FSF