CUADRUPLE EMPATE NA CABEZA DA TÁBOA DA 1ª GALICIA DE VETERANOS TRALA DISPUTA DA 11ª XORNADA DE LIGA.

1ª GALICIA VETERANOS

11ª Xornada

Domingo 14/12/2025

Cabana SD 6-1 Veteranos SCD Malpica
Deportivo Carballo 0-7 CF Mazaricos
Sporting Bértoa 2-4 CF Corme
SD Fisterra de Veteranos 2-4 A Piña
CD Nantón 5-1 Soandres CF
Club Deportivo Leiloio 3-0 SD Sofán

 

 

CRONICA XERAL

A 11ª xornada, disputada o domingo 14 de decembro de 2025, deixou a clasificacións máis igualadas do que vai de tempada, con ata catro equipos empatados a 25 puntos no máis alto da táboa, reflexo da enorme competitividade da liga nesta fase da tempada.

A xornada estivo marcada por varios resultados contundentes. No duelo da xornada o Cabana SD asinou unha goleada de autoridade, tratándose de que era ante o líder, Veteranos SCD Malpica (6-1), nun encontro que que pode ser un auténtico punto de inflexión para ambos conxuntos. Tamén foi moi destacada a exhibición do CF Mazaricos, ante o que pasa a ser novo colista pola magnitude da goleada, Deportivo Carballo (0-7), confirmando o bo momento dos mazariquenses que fai que se estén achegando aos postos altos.

No para frear unha xeira de 3 xornadas sen gañar o CF Corme que viñan antes desta mala racha de 7 xornadas seguidas vencendo, levou os tres puntos ante o Sporting Bértoa, resultado que, unido aos demais marcadores da xornada, permítelle recuperar o liderado da competición, aínda que sexa polo golaveraxe. 

Tamén deu un paso adiante A Piña, que superou ao SD Fisterra de Veteranos (2-4) nun encontro que lles supón o coliderato, mentres que o CD Nantón segue asentándose na zona alta tras vencer con claridade ao Soandres CF (5-1), para poñerse a 4 puntos dos da cabeza. Non choque de clubes parexos o CD Leiloio derrotou 3-0 ao SD Sofán, resultado que lle permite acercarse aos de arriba.

Con estes resultados, a liga entra nun escenario apaixonante, cun cuarteto de cabeza formado por CF Corme, A Piña, Cabana SD e Veteranos Malpica, todos con 25 puntos, antes da derradeira xornada do 2025 que promete un comezo de 2026 cheo de emoción máxima.

CLASIFICACIÓN
1º CF Corme : 25
  A Piña : 25  
 Cabana SD : 25 
 Veteranos Malpica : 25
CD Nantón : 21 
CF Mazaricos : 19 
 CD Leiloio : 13
  SD Fisterra Veteranos : 10 
SD Sofán : 10 
10º Soandres CF : 9
11º Sporting Bértoa : 4
12º Deportivo Carballo : 4 

 

1ª GALICIA VETERANOS

12ª Xornada

Domingo 21/12/2025

SD Fisterra de Veteranos  Sporting Bértoa, ás 09:30
Cabana SD  CF Mazaricos, ás 10:00
Club Deportivo Leiloio  A Piña, ás 10:30
Deportivo Carballo  SD Sofán, ás 10:30
CD Nantón Veteranos SCD Malpica, ás 10:30
Soandres CF – CF Corme, ás 12:00

(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana).

.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”