O Muxía sufreu un castigo esaxerado na Arliña.
Aquí tedes as crónicas e moito máis da 25ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.
Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
CRÓNICA XERAL
O San Lorenzo volveu a gañar por terceira vez e fíxoo de novo nun derbi costeiro. Se fai 3 semanas derrotaba nas Pedriñas o Muxía, (2-1), agora fíxoo ante a Esteirana, tamén na casa, (4-2), a outra vitoria foi a finais do 2024 na casa do Bertamiráns, (3-4), pero desta volta amosou a melloría que está a ter o equipo nas derradeiras xornadas. O outro derbi que tíñamos nesta xornada xogouse no Arasolis e nél o Fisterra e o Castriz empataban a tres, 83-3), nun choque no que o Fisterra tras poñerse 3-1 fíxoselle de noite e acabou deixando escapar dous puntos, nun derbi no que a emoción foi ata o pitido final. O Dumbría sigue en posto de promoción tras golear o Vizoño, (0-3), e máis preto do lider, que por certo temos novo lider, o Carral, xa que o Club do Mar sufría ante o Boimorto a primeira derrota do campionato, (2-0), e cede o liderato por golaveraxe en favor dos carralenses, ambos a 5 puntos dos de Dumbría. Pola sua banda o Muxía caía ante un Calo que para nada foi superior os muxiáns, (0-3), pero si que o foi nunha cousa, de cara a porta.
Adrián García celebra o seu gol en Muxía.
GOLEADORES
Isaac Fábregas, (SD Fisterra), marcou un ante o Castriz e sigue mandando no podio de goleadores con 25 tantos, (2 de penalti). No segundo chanzo do podio está Diego Estévez, (CF Dumbría), que non volveu a marcar nesta xornada e ademáis por partida dobre e suma 24 en 22 choques. Completa o podio Adrián García, (SR Calo), que lle facía un o Muxía e suma 20 dianas, (4 de penalti), en 23 encontros.
PRIMEIRA FUTGAL G2
-25ª Xornada-
-09/03/2025-
Boimorto CF 2-0 Club do Mar
SD San Lorenzo 4-2 SCDR Esteirana
CF Muxía 0-3 SR Calo
Bastavales UD 3-4 Vista Alegre SD
SD Fisterra 3-3 SD Castriz
Vea CF 1-4 –Bertamiráns FC
Vizoño SD 0-3 CF Dumbría
SD Tordoia 3-3 Praiña Sporting Club
SD Agolada 0-2 UD Carral
-CRÓNICAS-
O Calo defendeu ben e foi moi efectivo en Muxía,.
CF Muxía 0-3 SR Calo
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido marcado pola lesión do noso porteiro Adrián no quecemento, esperemos non sexa nada grave pero pinta mal a rodilla do gardarredes.
Estivemos moi espeso con balón, ainda así conseguimos xerar 3-4 ocasións claras na primeira parte. Eles adiantábanse cun gol de fora da area.
Na segunda costounos crear perigo ante un equipo que defendía baixo e aprobeitou erros e rápidas contras para sentenciar”.
Goles : 0-1, Brais, (11´); 0-2, Adrián García, (70´); 0-3, Crístian, (80´).
SD San Lorenzo 4-2 SCDR Esteirana
Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“Entraba dormido o partido o San Lorenzo e no minuto 2 xa iba perdendo 0-1. Esto fixo despertar o San Lorenzo e dar un paso adiante empatando no minuto 14, tras unha triangunlación na que queda Riki man a man con MJ para facer o 1-1. A media hora de xogo chegaría o 2-1, outra vez Riki, desta vez nun corner. Tras este gol o San Lorenzo tivo os mellores minutos e chegaría o 3-1, de novo nun corner, neste caso era Eloy o que marcaba.
Tralo descanso os equipos saitron con máis intensidade e a Esteirana daba un paso adiante xerando máis perigo, e cun golazo de Álex Rama chegaba ó 3-2, pero coa Esteriana volcado era de novo Riki o que vía porta e completaba o seu “hat-trick”. tras un robou en mediocampo e un bo pase de Taibo.
A Esteirana volcouse e tivo algunha ocasión para recortar distancias. pero o acerto de Mario e a defensa fixo que o resultado non se movera“.
Goles : 0-1, Iago, (3´); 1-1, Tiago, (85´); 2-1, Daniel, (91´).
SD Fisterra 3-3 SD Castriz
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido bonito e emocionante para os afeccionados, non é que houbese moito fútbol debido ao vento, pero sí que foi bonito de ver. Puxémonos pronto por diante cun balón longo que Isaac aprobeita as costas da defensa. Estábamos bastante cómodos e nun saque de banda longo tamén as costas da defensa é Gándara fai un auténtico golazo. Seguimos tentando adiantarnos antes do decanso pero fomos así a vestiarios. Eles tamén tiveron unha boa ocasións quie parou ben Joselu. No segundoi tepo chega o noso segundo e aí xa nos atopamos máis cómodos e nunha xogada individual de Bruno na que se vai de canto lle sae por diante dispara toca en Coque e chega o 3-1. Parecía que non se nos escapaba o partido e nun balón que non se esperaba chegou o 3-2 tras unha vaselina de Noly. Logo tras unha falta de entendemento antre o porteiro e o defensa fannos o 3-3. O partido pasou a un encontro no que queríamos gañar os dous o poñer máis xente de ataque. Tivo unha Isaac que se lle vai o lateral da rede, outra na que nun centro o defensa desvía e caseque vai dentro e a máis clara un man a man de Guille no que se lle vai por moi pouco. Eles tiveron algunha pero pouco clara. Polo visto non é inxusto o resultado e nós ca sensación de que con 3-1 non se nos podía ir o encontro”.
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido de máis emoción que fútbol, xa que o forte vento dificultaba moito. Saímos nós con el en contra na primeira parte, e a verdade é que nos afixemos pronto ás condicións e igualamos a intensidade dos locais. Adiantáronse nun erro noso defensivo por culpa do vento que aproveitou Isaac e pronto empataríamos cun disparo pola escuadra de Borja Gándara. De aí ó descanso, eles co seu xogo directo provocaron moitos córners e saques de banda que metían na área, pero estivemos seguros e chegouse co 1-1 ó descanso.
Na reanudación, pensabamos dar un paso adiante e aproveitar o vento a favor, pero nos primeiros minutos cabecearon unha falta lateral e puxeron a 2-1. A partir de aí, eles replegáronse para buscar as contras e nós intentamos mover o balón para atopar espacios. Nunha boísima xogada individual de Bruno, meteron o 3-1 e parecía sentenciado, pero non decaemos e aproveitaríamos dúas indecisións da súa defensa para empatar con goles de Noly e Josiño.
Nos últimos minutos, co 3-3, pudo pasar de todo, xa que nós tivemos dúas oportunidades moi claras e eles tiveron dous contraataques con xente libre que non foron quen de atopar.
Creo que empate xusto ante un Fisterra que está facendo unha moi boa tempada e que fai do seu campo un dos máis complicados da competición“.
Goles : 1-0, Isaac Fábregas, (9´); 1-1, Borja, (15´); 2-1, Noly, (46´); 3-1, Bruno, (69´); 3-2, Juan, (74´); 3-3, José Rey, (81´).
Vizoño SD 0-3 CF Dumbría
Goles : 0-1, Juan Díaz, (34´); 0-2, Diego Estévez, (47´); 0-3, Diego Estévez, (67).
-CLASIFICACIÓN-
1º UD Carral : 57 puntos
2º Club do Mar : 57 puntos
3º CF Dumbría : 52 puntos
4º Boimorto CF : 48 puntos
5º SD Fisterra : 41 puntos
6º SR Calo : 39 puntos
7º SD Castriz : 34 puntos
8º CF Muxía : 33 puntos
9º Praiña SPC : 33 puntos
10º SD Tordoia : 31 puntos
11º Vea CF : 30 puntos
12º SCDR Esteirana : 27 puntos
13º Vizoño SD : 26 puntos
14º Bastavales UD : 24 puntos
15º Bertamiráns FC : 23 puntos
16º SD Agolada : 20 puntos
17º SD San Lorenzo : 13 puntos
18º Vista Alegre SD : 12 puntos
PREVIA
-26ª Xornada-
-16/03/2025-
SCDR Esteirana–Club do Mar, ás — horas
SR Calo-SD San Lorenzo, ás — horas
Vista Alegre SD-CF Muxía, ás 21:00 horas
SD Castriz-Bastavales UD, ás 17:00 horas
Bertamiráns FC-SD Fisterra, ás — horas
CF Dumbría-Vea CF, ás — horas
Praiña Sporting Club-Vizoño SD, ás — horas
UD Carral-SD Tordoia, ás 17:00 horas
SD Agolada-Boimorto CF, ás — horas
AVISOS :
Os horarios son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores