Dumbría e Fisterra non se xogaban nada, quizais o de axudar o Baio, pero as cousas non sairon como se desexaba a pesares de que foron superiores os seus rivais, pero a derrota do Baio que volta a posto de descenso, beneficioulle ao Esteirana que certificou co seu empate a permanenza. Non así o San Lorenzo que lle falta un punto nos dous encontros que restan, pero fixo méritos ante o Flavia para sumar. O Baio como decimos perdeu e veuse superado polo Agolada, que lle gañaba o Fisterra, e depende agora de si mesmo, pero sobre todo de outros para salvar a categoría. Para semana necesita gañar e que o San Lorenzo, que visita o Agolada, lle meta unha man.
O Baio volve a caer a posto de descenso.
CD Unión 3-0 CD Baio
Partido que xa se lle complicou os baieses no primeiro peridodo no que primeiro Luis Silva, (21´), e despois Isma Cerqueiras, (37´), adiantaban os rianxeiros. A segunda metade estivo máis nivelada e Javier sentenzaba no 72´. Os baieses volven a descenso e deberán para a semana gañar e esperar que o San LÑorenzo lles bote unha man e derrote o Agolada, que esta semana gañaba en Fisterra e metía de novo os de Baio no pozo.
SD Fisterra 0-2 SD Agolada
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Coido que fixemos un bo partido e que fomos superiores, pero a cuestión estivo en que marcaron pronto e dedicáronse a estar pechados e sair a contra. Desde que marcaron o gol non se acercaron a nosa área. Nós tivemos oito ou nove remates, incluso hai algúnha xogada con varios remates na mesma. O seu porteiro foi a estrela. No descanso falamos para axustar algunhas cousas e víamonos como para remontar o partido e poder axudar os equipos da costa e dar unha alegría na casa, ainda que non nos xogábamos nada, pero nun desaxuste defensivo acadan o segundo, pero seguimos terntando ir a por eles, incluso acabamos con 4 xogadores en punta e incorporando a Breixo ao ataque, pero non estivemos finos e non coseguimos acabar o xogo direto. A posesión do balón era nosa e creo que o quedar fora da Copa fóronsenos os obxetivos claros. Queremos acabar o mellor posible e axudar os equipos da costa para que o ano que ven sexamos os máximos posibles, sabedores de que todo o que fagamos será bo para os equipos costeiros”.
SD San Lorenzo 2-3 Flavia SD
Puido o equipo de Verdillo certificar a permanenza pero non foi quen a pesars de que o mereceu. Un tanto de penalti de juanjo xusto antes de irse o descanso poñía por diante aos padroneses. Un gol que non era psicolóxico, pois nada máis voltar dos vestiarios Pedro empataba para os verdilleses, e 3 minutos despois Iago acadaba o da remontada. Non duraba moito a ledicia pois no 54 chegaba un penalti en contra que suporía o empate para os visitantes. Adán no 76 facía o definitivo 2-3, e impedía a certificación da permanenza para os de Verdillo.
SCDR Esteirana 1-1 Bertamiráns FC
Querían os esteiráns adicarlle unha vitoria a Brión, ex árbitro que nos deixaba esta pasada semana, pero non foi posible, pero si foi posible adicarlle a permanenza un ano máis na 1ª Galicia. As cousas resolvéronse na primeira metade. Adiantábanse os brioneses aos 24 minutos de xogo por medio de Julio, e a resposta dos esteiráns non tardaba en chegar. O omnipresente, Rober “Pladur” acadaba a igualada 5 minutos despois, e ademáis os visitantes quedaban cun menos por expulsión do seu porteiro, cousa que facilitou o encontro para os das Salinas. A segunda metade foi dos esteiráns, pero non foron quen de romper o muro que puxeron os visitantes para salvagardar o emapte.
CF Dumbría 2-3 Praiña Sporting Club
Partido que se decideu nas áreas. Foi mellor e mereceu gañar o Dumbría, que estivo mal atrás e veuse superado, en cambio diante os dous goles marcados non lle chegaron e foron poucos para o creado.
*****
PREFERENTE NORTE
SD Sofán 1-3 SD Residencia
Encontro no que ao Sofán faltoulle a tensión de xogarse algo e no que o Residencia se estaba xogando a “vida”. Tres puntos para os lucenses que lles valen para estar fora do descenso direto e seguir loitando nas duas xornadas que quedan co Vistoria CF a 1 punto e en descenso e o As Pontes a 4.
-Foto : Luis González Botas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”